Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Actividades no Concello do Rosal

Actividades realizadas no Concello do Rosal

Actividades realizadas no Concello do Rosal

Fecha: 22 de Marzo de 2019

Fuente: Concello do Rosal

PRESENTACIÓN DO DISCO "DE VILA EN VILA" DE LIROLAI
O pasado domingo cheo absoluto no Auditorio Municipal do Rosal.
O grupo Lirolai presentou o disco "De vila en vila", cunha estupenda acollida do público asistente.
A presentación estivo acompañada da Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra e da Coral San Telmo de Tui.
Desde o Concello queremos felicitar ao noso grupo de música rosaleiro pola magnífica posta en escea e excepcional traballo. Un merecido recoñecemento ao esforzo e cariño empregado.

DÍA MUNDIAL DA POESÍA
Desde a Concellería de Cultura queremos celebrar o Día Mundial da Poesía cunhas verbas da nosa poetisa María Mariño.
"Está caendo a folla i en min nace a primaveira"

POLIRROS ACADA O 3º POSTO NO RANKING ARDÁN DE EMPRESAS INTELIXENTES
A empresa rosaleira POLIRROS cunha antigüidade de 30 anos e con 21 traballadores e traballadoras da zona de O Rosal e a Guarda, dos que 5 son enxeñeiros e onde as mulleres ocupan postos de dirección, acadou o terceiro posto no "Ranking ARDÁN de Empresas Inteligentes" posto en marcha polo Consorcio da Zona Franca de Vigo.
Este ranking premia ás empresas intelixentes que mellor combinan a súa capacidade actual para a creación de valor, cun modelo de negocio capaz de xerar no futuro un crecemento económico sostible e inclusivo.
Este informe, levado a cabo por Cátedra Ardán da Universidade de Vigo, recolle o listado das 25 empresas mellor posicionadas de Galicia.
A alcaldesa Mª Carmen Alonso e a tenenta de alcaldesa Charo Tabales, visitaron as instalacións da empresa para felicitar á plantilla e corpo ditectivo polo logro alcanzado.

TRAIL ADVENTURE MUIÑOS DO FOLÓN
O domingo 10 de marzo celebrouse A Trail Adventure Muiños do Folón no Rosal.
A gran acollida do evento na anterior edición fixo que tanto a Concello do Rosal como a empresa organizadora desen continuidade a esta cita.
As persoas participantes recorreron os diferentes paraxes do noso concello: pontes, ríos, fervenzas, pero, sobre todo, os 67 muiños construídos entre os séculos XVIII e XIX nun desnivel de 75 metros.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones