Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ACTUACIÓN DE CONTACONTOS NO MERCADO DE TOMIÑO NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

Celso Fernández Sanmartín contou contos tradicionais galegos protagonizados por mulleres nunha actividade que se enmarca na exposición -Mulleres galegas na Historia-

Celso Fernández Sanmartín contou contos tradicionais galegos protagonizados por mulleres nunha actividade que se enmarca na exposición -Mulleres galegas na Historia-

Fecha: 26 de Noviembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

A mostra -Mulleres galegas na Historia-, que se pode visitar no mercado de Tomiño ata o 6 de decembro, incluíu a celebración dunha actividade paralela para poñer en valor o papel da muller galega a través do conto tradicional. Unha sesión de contacontos que correu a cargo Celso Fernández Sanmartín e que se celebrou esta mañá no mesmo mercado de Tomiño, no Día Internacional contra as Violencias Machistas.

Celso Fernández Sanmartín centrou a súa actuación na recuperación de contos nos que a muller galega tivo un papel de heroína na súa vida cotiá, para relacionalas coa propia exposición e co Día Internacional que se celebra hoxe, a través de historias de mulleres que tiveron que superarse no día a día. Ao remate da sesión, o contacontos recomendoulle ao público asistente, entre o que destacaba un grupo de escolares, que indagaran na súas propias historias familiares para identificar os méritos das mulleres das súas propias familias, e os retos aos que se tiveron que ir enfrontando ao longo da vida.

A exposición -Mulleres galegas na Historia- está composta por varios paneis que ofrecen, dun xeito sinxelo e comprensible, información sobre figuras femininas de diferentes épocas históricas e que foron referentes en diferentes ámbitos e disciplinas. Os paneis conteñen fotografías e información básica sobre os datos biográficos, o campo no que sobresaen, ao tempo que fai un percorrido sobre os fitos máis importantes das súas traxectorias vitais e profesionais e, nalgúns casos, inclúe citas e declaracións da muller homenaxeada.

Aínda que as mulleres reseñadas nos paneis soen ser amplamente coñecidas, a información dos paneis permite afondar no papel que desempeñaron cada unha no contexto e momento histórico no que lle tocou vivir. Inclúe figuras como a da soldadeira do medievo María Balteira ou a heroína coruñesa María Pita. Tamén reflicte o papel de María Castaña nas revoltas contra os señores feudais, o labor a favor da reforma do sistema penitenciario levado a cabo por Concepción Arenal, a obra das escritoras Emilia Pardo Bazán e Xela Arias, a vida da bailarina da Belle Epoque coñecida como La Bella Otero, a mestra Ernestina Otero, a pintora surrealista Maruja Mallo, a mestra e guerrilleira antifranquista Enriqueta Otero, a pintora de natureza María Antonia Dans, ou a actriz de teatro María Casares.

A mostra -Mulleres galegas na Historia-, que amosa e pon en valor a vida e a traxectoria profesional das mulleres galegas máis representativas, forma parte das actividades culturais que a área de Cultura da Deputación está a levar por 21 concellos da provincia no último trimestre do ano, e pode visitarse no Mercado de Tomiño ata o 6 de decembro, en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones