Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Acubam aposta pola comunicación dixital das empresa do rural, como estratexia de diferenciación e competividade empresarial

No contexto de globalización mundial no que nos atopamos, asegurar a competitividade das empresas pasa por ser visible no mundo 2.0.

No contexto de globalización mundial no que nos atopamos, asegurar a competitividade das empresas pasa por ser visible no mundo 2.0.

Fecha: 15 de Septiembre de 2018

Fuente: Acubam

No contexto de globalización mundial no que nos atopamos, asegurar a competitividade das empresas pasa por ser visible no mundo 2.0. Así pois, dispor dunha boa estratexia de comunicación e dotala de contido de calidade e creativo, é básico para asegurar o posicionamento e así contribuír a incrementar os beneficios da actividade empresarial. Así é que pensa acuBam, a Asociación de Cultivos Baixo Miño quen, en colaboración con ABANCA, VEMARGALICIA, Concello de Tomiño e Deputación de Pontevedra, organizou a Xornada "A importancia da comunicación dixital nas estratexias comerciais das empresas".

Así pois, neste foro se traballaron aspectos tales como:
- O valor da comunicación realizada polas persoas: como comunicar de forma efectiva
- A Comunicación Dixital en Estratexias Empresariais como factor de diferenciación:
"A importancia da presenza online para as empresas"

A xornada deu comezo coa benvida da Alcaldesa de Tomiño, Dª Sandra González, quen apoiou de maneira continua ao sector agro da comarca nos últimos anos, e resaltou a importancia do traballo conxunto das empresas asociadas a acuBam e felicitou polo bo facer dende a asociación.

Presidiu a xornada a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Dª Carmela Silva, quen animou ás empresas do sector a adentrarse no mundo dixital e suliñou a importancia de que deben posicionarse sen medo nos medios online. Asimesmo salientou e felicitou ás empresas que forman acuBam, pola colaboración que realizan de xeito conxunto, acadando deste xeito maiores resultados para o sector.

Contouse tamén coa presenza doutras autoridades coma a Alcaldesa do Rosal Dª Mª Carmen Alonso, así como doutras administracións coma o IGAPE ou ADETO.

Dende a Xunta Directiva de acuBam levouse a cabo a presentación da nova web (http://acubam.org/ ), explicando as principais melloras da plataforma e facilidades para os asociados en relación ao acceso da documentación e información relevante para o sector. Ademais, esta nova plataforma permite acceder ás páxinas webs individuais de cada empresa asociada, mellorando o posicionamento tanto da web da asociación como a dos seus asociados.

Chío Infante, CMO en Venditos-Axencia Creativa, ofreceu unha sesión práctica na que trasladou as chaves para usar a creatividade como factor diferencial nas estratexias de comunicación das empresas.
 
Ademais, dende a Deputación de Pontevedra se contou coa participación de Esther Garciñuno, asesora TIC do Programa SmartPeme, quen abordou a súa ponencia desde a prisma da era dixital e das ferramentas TIC que están ao alcance das empresas para potenciar a efectividade dos seus procesos de comunicación.

Finalmente, a xornada pechouse cunha mesa redonda aberta a tódolos asistentes, os cales puideron interactuar cos invitados da mesma: Rita Álvarez, da Floristería Las Flores de Rita e Jose Collazo, de Viveiros Río Tollo, empresas ambas ubicadas na Comarca do Baixo Miño, as cales transmitiron a súa experiencia no deseño e posta en marcha dun plan de comunicación dixital, e levaron á sala os beneficios e retornos que execución deste plan está a reportar en termos económicos nas súas empresas.

A xornada pechouse cun viño no Mercado de Tomiño, onde os asistentes puideron compartir opinións nun espazo máis distendido e aberto.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones