Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ACUBAM (ASOCIACION CULTIVOS DO BAIXO MIÑO) DA A COÑECER AS INNOVACIÓNS MÁIS SALIENTABLES NO SECTOR DA PLANTA ORNAMENTAL E CAMPO

Un decantador de grava con medidor de temperatura, cloro e PH e un soprador eléctrico de mochila, con importantes melloras de suxeción e comodidade de apagado, entre as novidades máis chamativas

Un decantador de grava con medidor de temperatura, cloro e PH e un soprador eléctrico de mochila, con importantes melloras de suxeción e comodidade de apagado, entre as novidades máis chamativas

Fecha: 16 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Por primeira vez a Mostra Cultivos do Baixo Miño contou cun stand de innovación destinado a promover a competitividade empresarial en Galicia e Norte de Portugal. Un espazo no que as empresas expositoras puideron presentar as súas primicias, tanto de produción coma de distribución de planta ornamental e maquinaria auxiliar.

En concreto, nove foron as empresas que presentaron interesantes innovacións. Segundo os datos facilitados por Acubam (Asociación Cultivos do Baixo Miño), organizadora da mostra, a firma Xargal presentou un decantador de grava con medidor de temperatura, cloro e PH. Hifas da Terra presentou árbores micorrizados de gran porte para cultivo de boletus e níscalos, Verdeneiva (de Alvaraes. Portugal) presentou atractivas plantas en vaso.

Pola súa banda, o viveiro Cultivos Casaíta expuxo tres plantas de tronco en espiral: Ficus Buda, Domando Egos e Arce. Río Tollo presentou unha hortensia que florece catro veces ao ano, chamada Magical Four Seassons.

A firma Plan IdGa levou ao stand novas cores e formas de plantas en maceta coma a surfinia, o tulipán "Barcelona" e o "World Favorite"; xeranios con tonalidades diferentes e resistentes a enfermidades, ademais doutros híbridos interpacíficos que son cruce de zonal e peltatum.

Raiz da Terra (de Vila Praia d eÁncora. Portugal) presentou unha nova variedade de planta orixinaria de Irlanda, apta para climas fríos, "Crisalinea green", e Viveiros da Barxa dúas gramíneas ornamentais, Festuca Glauca e Uncinia Rubra.

Por último, entre as empresas auxiliares do campo, Talleres El Milagro sorprendeu aos agricultores cun soprador eléctrico de mochila, con importantes melloras de suxeción e comodidade de apagado e encendido desde as empuñaduras.

A 13ª Mostra Cultivos Baixo Miño, pechou deste xeito as súas portas cun balance moi positivo: máis de 3000 visitantes e un incremento dos contactos comerciais superior ao 40%.

Outro punto forte desta edición foron as conferencias, ás que asistiron unhas 300 persoas relacionadas co sector, propiciando un ambiente profesional na mostra. Antón Vázquez, inspector de Sanidade Vexetal, impartiu unha charla que suscitou multitude de preguntas entre os asistentes, amosando a preocupación do sector agrícola pola situación fitosanitaria actual.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones