Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ACUBAM e o Concello de Tomiño achegan aos máis cativos do Concello de Tomiño ao sector do agro

A actividade consiste na participación dos nenos e nenas dos colexios de Educación Primaria do Concello de Tomiño, nun taller práctico na Fundación Sales

A actividade consiste na participación dos nenos e nenas dos colexios de Educación Primaria do Concello de Tomiño, nun taller práctico na Fundación Sales

Fecha: 25 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Acubam, a Asociación de Cultivos do Baixo Miño, en colaboración co Concello de Tomiño, ven traballando pola dignificación, profesionalización e fortalecemento do sector agro na Comarca do Baixo Miño, dende hai xa máis de 15 anos. A asociación de Cultivos do Baixo Miño, a día de hoxe constitúese como unha Asociación forte e consolidada, aglutinando empresas punteiras de diferentes subsectores como a planta, a froita, a horta e a flor que representan toda a cadea de valor do sector agrícola.

Aliñado cós obxectivos e as liñas de acción recollidas no Plan Estratéxico sectorial elaborado en 2017, traballamos por poñer en valor o territorio do Baixo Miño e os seus recursos, achegando ás novas xeracións unha visión real e actualizada deste sector como unha verdadeira oportunidade de desenvolvemento profesional e de xeración de riqueza no entorno. Deste xeito contribuímos a paliar unha das principais debilidades actuais: o relevo  xeracional do agro no noso entorno.

Así pois, desde ACUBAM deséñase e ponse en marcha a Actividade " O Agro nas Escolas". O desenvolvemento da ctividade consiste na participación dos nenos e nenas dos colexios de Educación Primaria do Concello de Tomiño, nun taller práctico na Fundación Sales  (http://www.fundacionsales.org/); fundación que traballa pola dignificación do sector agrícola e a súa posta en valor, a través, fundamentalmente, de accións de divulgación e sensibilización.

As accións serán desenvolvidas có apoio loxístico e económico de Concello de Tomiño, reforzando así o compromiso desta administración local có apoio ao desenvolvemento, posicionamento e fortalecemento do sector agrícola.

Na Fundación poderán desfrutar das súas instalacións, o seu xardín botánico e adquirir coñecementos técnicos sobre o sector e experimentar cun taller práctico sobre plantación.

As actividades terán lugar entre os días 29 de maio e 8 de xuño, con nenos e nenas de Educación Primaria, dos distintos centros educativos do municipio.  

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones