Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Alcaldes de Baixo Miño piden o apoio da subdelegada do Goberno para a urbanización dunha senda fluvial

A proposta supramunicipal significaría un investimento de máis dun millón e medio de euros

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, recibiu aos alcaldes da comarca de Baixo Miño para retomar o proxecto de urbanización da senda fluvial do río Miño desde Tui ata A Guarda, cunha extensión de 15 quilómetros

Fecha: 12 de Febrero de 2020

Fuente: Subdelegación do Goberno

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba recibiu hoxe aos alcaldes da mancomunidade do Baixo Miño para presentarlle o proxecto de senda fluvial ao longo do río Miño. En concreto estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, Antonio Lomba da Guarda, Anxela Fernández do Rosal, e Sandra González, alcaldesa de Tomiño. Acompañados polo Xefe Provincial de Costas, Enrique Menéndez, presentaron o proxecto de urbanización da senda peonil e cicloturista no tramo fluvial do río Miño na súa extensión comarcal.
O proxecto inicial, elaborado polos concellos mancomunados, ascendería a un investimento de 1,6 millóns de euros, estendéndose desde a Ponte Internacional de Tui ata a desembocadura do Miño, afectando a aproximadamente uns 15 quilómetros.

Os responsables municipais pediron a implicación da subdelegada do Goberno para impulsar esta mellora demandada desde fai máis dunha década para esta comarca pontevedresa.

Pola súa banda, Maica Larriba expresou o seu interese por este proxecto, valorándoo como "un investimento de futuro que melloraría o atractivo turístico para esta comarca, especialmente sensible á riqueza e equilibrio ambiental". Por este motivo, Larriba comprometeuse a presentar este proxecto ao propio Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para que promova o seu estudo por parte da Dirección Xeral de Costas e a procura de financiamento administrativo.

Hai que lembrar que esta ribeira goza xa dunha senda cicloturística e peonil na beira portuguesa e conseguiu un recoñecemento europeo pola súa calidade ambiental.

A subdelegada do Goberno realizará, proximamente, unha visita á comarca para comprobar in situ algunhas das melloras que se realizaron en pequenos tramos por parte dos concellos e que necesitan agora do impulso dun proxecto supramunicipal para esta beira do río Miño.

Os alcaldes tamén confían na implicación da Xunta de Galicia xa que esta marxe pertence á Rede Natura e por tanto, está dentro das competencias ambientais da administración autonómica.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí