Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alejandro Lorenzo será o deputado provincial polo partido xudicial de Tui

Os representantes locais dos concellos que integran o partido xudicial reuníronse co presidente provincial para propoñer ao candidato.

Os representantes locais dos concellos que integran o partido xudicial reuníronse co presidente provincial para propoñer ao candidato.

Fecha: 18 de Junio de 2019

Fuente: PP Pontevedra

O representante do PP na Deputación de Pontevedra polo partido xudicial de Tui será Alejandro Lorenzo, candidato do Partido Popular do Porriño. Así o decidiron os representantes locais dos concellos que conforman este partido xudicial -Mos, Salceda, Tui, Tomiño, Oia, O Rosal, A Guarda e O Porriño- na reunión que mantiveron esta tarde co presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda e co secretario xeral, Xosé Manuel Cores Tourís.

Alejandro Lorenzo terá que ser ratificado nos próximos días na xunta electoral de zona cos votos dos concelleiros populares. Unha vez que tome posesión, substituirá na corporación provincial a Santiago Rodríguez Davila, candidato do PP en Salceda, que accedeu ao escano en 2017 despois de que a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o ocupase durante os dous primeiros anos de mandato.

Coa designación de Alejandro Lorenzo xa están nomeados os deputados populares por Tui, Ponteareas, Lalín e A Estrada, e quedan pendentes de designar os de Cambados -que esta mesma tarde terán a reunión da zona- Vigo e Pontevedra.

Alfonso Rueda destaca que "estamos escoitando a todos os candidatos dos sete partidos xudiciais, para entre todos e por consenso elixir ás persoas que van representar ao PP na Deputación de Pontevedra. Intentaremos que vaian os mellores representantes, porque gobernando ou estando na oposición temos claro que os intereses de Pontevedra teñen que estar por riba de todo".

No próximo mandato os populares contarán con once deputados na corporación provincial. Ademais do deputado de Tui, o PP conta con outros tres no partido xudicial de Pontevedra, dous no de Cambados, dous no de Vigo, e un nos de Ponteareas, Lalín e A Estrada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones