Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alfonso Rueda critica que o resto de partidos non recoñeza que queren reeditar o bipartito pero multiplicado por catro

Recorda que se pode perder un goberno que dá estabilidade por uns poucos votos, porque en España parece que se non se gaña por maioría absoluta non se pode gobernar.

Recorda que se pode perder un goberno que dá estabilidade por uns poucos votos, porque en España parece que se non se gaña por maioría absoluta non se pode gobernar.

Fecha: 21 de Septiembre de 2016

Fuente: PP Pontevedra

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, criticou hoxe que o resto de partidos non recoñezan que o seu obxectivo o próximo 25 de setembro é reeditar o bipartito, pero multiplicado por catro. Nesta liña, recordou que ningún deles aspira a gañar, o que queren é que o PP non consiga os 38 deputados.

Así, salientou que a alternativa ao PP é un todos contra Feijóo, e convidou a pensar en que pode supoñer un goberno de ata catro ou ata cinco partidos que se levan aínda peor do que se levaba o bipartito. Por iso animou a que o domingo non quede ninguén na casa, porque o reto da terceira maioría absoluta é algo excepcional e cada voto será importante. Recordou que as enquisas non dan gobernos, e o importante son os votos nas urnas.

Foi durante o mitin que hoxe se celebrou en Tomiño, no que o presidente provincial estivo acompañado polo conselleiro de Sanidade e candidato, Jesús Vázquez Almuíña, e e polo presidente da xestora do PP local, Esteban González Miranda. Alfonso Rueda criticou que non teñan outra guía nin outro programa máis que botar a Feijóo. Nesta liña, incidiu en que un partido serio, que ten aspiracións de goberno, non pode ofrecer como única proposta de futuro acabar co goberno dos populares.

A pesar de non haber nada enfronte, recordou, pódese perder un goberno que dá estabilidade por uns poucos votos, e sinalou que en España parece que se non se gaña por maioría absoluta non se pode gobernar.

Alfonso Rueda recordou que hoxe en Galicia está baixando o paro, e é a segunda comunidade onde máis baixa, con 32 meses consecutivos, pero tamén que é unha das dúas comunidades onde hai máis investimento público para facer obras que crean emprego, e onde máis industrias, de fóra e potentes, invisten.

Ademais, incidiu en que nestes anos gobernouse con 2.000 millóns de euros menos que cando estaba o bipartito, e aínda así se mantivo o fundamental, aumentaron as prazas de gardería, as axudas á dependencia, se eliminaron os impostos de sucesións, e xa non se paga cando se herda unha finca ou cando se quere permutar unha terra, as empresas elixen Galicia para asentarse e a sanidade pública galega é unha das mellores de España e, polo tanto, do mundo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones