Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alfonso Rueda: -Pablo Casado é o presidente do Goberno que necesita España e Esteban González a mellor elección para Tomiño-

A número un da lista ao Congreso, Ana Pastor, afirma que o PP -é a única opción sensata é moderada para gobernar España-

? Esteban González Miranda presentou ás 19 persoas que o acompañarán na lista coa que concorrerá aos comicios municipais.

Fecha: 27 de Abril de 2019

Fuente: PP de Tomiño

presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou que Pablo Casado é o presidente do Goberno que necesita España e que Esteban González é a mellor elección para a Alcaldía de Tomiño. Neste sentido, chamou a concentrar o voto no Partido Popular tanto nas eleccións municipais do 26 de maio como nas xerais que se van celebrar este domingo, 28 de abril, pois os populares son a única alternativa a Pedro Sánchez.

Durante a súa intervención nun mitin comarcal celebrado no Auditorio de Goián, no que Esteban González presentou a lista coa que concorrerá aos comicios locais, Rueda destacou aos candidatos do PP ao Congreso e ao Senado como "o mellor equipo posible" para defender os intereses da provincia en Madrid liderado por unha "garantía" como Ana Pastor, á que agradeceu o seu "compromiso permanente" con Pontevedra.

"Unha lista que aúna experiencia con xuventude. Que prioriza a representación territorial e que defende propostas concretas para os galegos", suliñou o presidente provincial, fronte aos que non inclúen nin unha liña no seu programa para a nosa comunidade. Así mesmo destacou as "boas sensacións" que está transmitindo a campaña para o PP da provincia. "Estamos recibindo moitísimo apoio en todos os concellos", incidiu.

Sobre Esteban González asegurou que vai ser "un magnifico alcalde" a partir do 26 de maio, xa que "Tomiño necesita urxentemente un cambio", sinalando que o mellor impulso para sacar un gran resultado nesa cita e gañar as eleccións xerais.

Pola súa banda, Ana Pastor, remarcou que o PP é "un valor seguro" para emprego e as oportunidades, cun proxecto que defende a baixada de impostos e a aposta polas pymes e os autónomos. "España non pode permitirse catro anos mais de Pedro Sánchez", analizou, apuntando que "a única opción sensata e moderada para gobernar é a que representa o Partido Popular".

Finalmente, o candidato á Alcaldía de Tomiño, Esteban González Miranda, presentou a lista cos 19 nomes que o van acompañar na súa candidatura para as eleccións locais do 26 de maio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones