Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alfonso Rueda: -Presentamos unha lista plural, feita desde o consenso e con vocación de gobernar-

Unha lista que aúna renovación e experiencia, ao mesmo tempo que redobra a súa aposta pola provincia salvaguardando a representación territorial.

Unha lista que aúna renovación e experiencia, ao mesmo tempo que redobra a súa aposta pola provincia salvaguardando a representación territorial.

Fecha: 01 de Abril de 2019

Fuente: PP Pontevedra

"Presentamos unha lista plural, feita desde o consenso frente ás liortas internas doutros partidos e con vocación de gobernar". Son palabras do presidente provincial do PP de Pintevedra, Alfonso Rueda, antes da foto de candidatos populares da provincia que concorrerán ao Congreso e ao Senado nas eleccións do 28 de abril. Un acto celebrado no Museo Meirande en Redondela.

Unha lista que aúna renovación e experiencia, ao mesmo tempo que redobra a súa aposta pola provincia salvaguardando a representación territorial. Unha lista, dixo en declaracións aos medios de comunicación, feita coas mellores mulleres e homes para defender os intereses da provincia en Madrid, na que figura xente con experiencia como Ana Pastor, Pilar Rojo ou Miguel Fidalgo, xunto a xente nova e con ilusión como o presidente de Novas Xeneracións, Diego Gago.

"É unha representación plural e con vocación de gobernar", indicou Rueda, lembrando que o PP gañou as eleccións xerais e autonómicas na provincia e tamén as municipais en moitos concellos."Saímos a gañar. O PP é a única alternstiva para os que non queren que goberne Pedro Sánchez", afirmou o presidente provincial, destacando que "é un luxo" contar con Ana Pastor como número un.

Pola súa banda, Ana Pastor amosou o seu agradecemento a Alfonso Rueda, ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e aos seus compañeiros de partido por confiar nela para encabezar unha vez mais a lista do PP de Pontevedra ao Congreso, algo que fai "coa mesma ou mais ilusión que a primeira vez"

"Todos os que integramos a lista queremos o mellor para a nosa terra. Galicia non e mais que ninguén pero tampouco menos que ninguén e vamos a loitar e a traballar por unha provincia que é o motor social e economico de Galicia desde a cercanía e co respaldo de todo o noso partido", rematou Ana Pastor.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones