Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Alumnado de Xeografía e Historia das universidades de Santiago e Minho visitan a Eurocidade para coñecer de primeira man o seu funcionamento

Acompañados de docentes, estes 70 estudantes estaban especialmente interesados nos orzamentos participativos de Cerveira-Tomiño -como experiencia pioneira a nivel transfronteirizo-

Acompañados de docentes, estes 70 estudantes estaban especialmente interesados nos orzamentos participativos de Cerveira-Tomiño -como experiencia pioneira a nivel transfronteirizo-

Fecha: 18 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

A Eurocidade Cerveira-Tomiño esperta o interese do estudantado de Xeografía e Historia. Arredor de 70 alumnos e alumnas e seis docentes das universidades de Santiago de Compostela e Minho (Braga) visitaron Tomiño para coñecer de primeira man os pormenores deste proxecto das dúas beiras do Miño, con especial fincapé nos orzamentos participativos por ser "unha experiencia pioneira a nivel transfronteirizo".

Con esta saída de campo, estes estudantes de materias como Xeografía de Galicia, Xeopolítica, Ordenación do territorio ou Xeografía social e cultural buscaban achegarse á fronteira e reflexio-nar arredor dos territorios con proxectos transfronteirizos comúns.

Técnicos de Cerveira e Tomiño foron os encargados de presentarlles no auditorio de Goián a crea-ción e desenvolvemento da Eurocidade, repasando os seus principais obxectivos e actividades: a gobernanza e participación cidadá, o aumento da cohesión social e da calidade de vida pola xes-tión conxunta de servizos públicos compartidos entre ambos dous concellos e a dinamización eco-nómica da contorna, con maior aproximación entre as condicións sociais e económicas das dúas beiras do Miño e con novas oportunidades de negocio e emprego.

OPT e Parque da Amizade
Interesados na ordenación do territorio transfronteirizo, os e as visitantes participaron nun colo-quio tras a presentación do proxecto no que se interesaron, ademais de polo OPT, pola futura ponte peonil e polo Parque da Amizade. De feito, o alumnado aproveitou esta súa visita práctica a Tomiño para coñecer distintas experiencias e para percorrer tamén os terreos nos que se asentará o futuro parque na fortaleza de Goián.

Coa creación do Parque da Amizade Cerveira-Tomiño procurarase a unión de dous espazos urba-nos próximos que comparten o mesmo espazo natural e son vividos da mesma forma polos seus usuarios e usuarias, un espazo europeo sen fronteiras físicas ou psicolóxicas que fomente a identi-dade común, promova a mobilidade, contribúa a estruturación dunha rede de corredores verdes transfronteirizos e que constitúa un espazo integrado para a promoción de iniciativas conxuntas.


A saída de campo destes alumnos e alumnas completouse coa visita á sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Rio Miño (AECT Río Miño) en Valença ou ás Gándaras de Budiño.


Novo folleto informativo
Ao remate da visita dos e das estudantes das universidades de Santiago e de Minho, o persoal téc-nico lles entregou o novo folleto da Eurocidade Cerveira-Tomiño. En formato revista, este folleto recolle os eixos claves do proxecto común destes dous concellos, un novo modelo de gobernanza trasnfronteiriza baseado no traballo técnico e político conxunto e nunha participación pública efectiva.


Non é a primeira vez que a Eurocidade achega o seu proxecto á comunidade educativa, xa que os técnicos e técnicas xa presentaron as bases deste traballo transfronteirizo a alumnado de ciclos de formación en Intervención Comunitaria.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí