Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Alumnos de Tui e A Guarda participan na Semana STEM

O obxectivo é reforzar os coñecementos científico-tecnolóxicos no eido educativo, necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro

O obxectivo é reforzar os coñecementos científico-tecnolóxicos no eido educativo, necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro

Fecha: 15 de Octubre de 2019

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución dos 21 centros seleccionados para participar este outono na Semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), da que tomarán parte un total de 450 alumnas e alumnos (un máximo de 25 por centro) a partir de mañá, cando arrinca a primeira quenda de estadías. Da provincia de Pontevedra participarán nesta experiencia 62 estudantes de 4 centros de ensino.

 

Este campamento de innovación educativa impulsado pola Xunta de Galicia está dirixido a

rapaces de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos galegos, co obxectivo de ampliar os seus coñecementos científico-tecnolóxicos a través de estadías dunha semana de duración en réxime de internado durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. A actividade é totalmente gratuíta para as familias e desenvólvese nos Peares.

 

A relación de centros seleccionados na provincia é a reflectida no seguinte cadro:

 

Provincia

Concello

Centro

Curso

Quenda

Pontevedra

Lalín

IES Laxeiro

1º ESO

24-30/11

Pontevedra

O Porriño

CEIP Plurilingüe Antonio Palacios

6ºEP

27/10-2/11

Pontevedra

Salvaterra de Miño

CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

6ºEP

10-16/11

Pontevedra

Tomiño

CEP Pedro Caselles Beltrán

5ºEP

20-26/10

 

Edudixital 2020

A Semana STEM forma parte do conxunto de accións da Estratexia galega para a educación dixital (Edudixital 2020) postas en marcha pola Consellería de Educación coa finalidade de fomentar o espírito científico e tecnolóxico entre o alumnado galego.

 

O seu obxectivo é reforzar os coñecementos científico-tecnolóxicos no eido educativo, necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro. Deste xeito, as estadías proporcionan un escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumente o seu interese por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía. 

 

As actividades non só serán académicas, senón tamén de carácter lúdico-recreativo, que servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo do alumnado nas aulas. Os contidos dos cursos inclúen un programa de actividades académicas, de obradoiros, de tempo libre e deportivas. En calquera caso, a finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado, o traballo en equipo, o aprender facendo mediante un enfoque "maker", a creatividade e a motivación para mellorar a súas competencias STEM.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones