Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ALUMNOS DO IES DE TOMIÑO PARTICIPAN NO PROGRAMA ERASMUS + CO APOIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Participan no proxecto PracticumDepo 2015 un total de 18 centros educativos da provincia de Pontevedra

Participan no proxecto PracticumDepo 2015 un total de 18 centros educativos da provincia de Pontevedra

Fecha: 10 de Octubre de 2015

Fuente: depo.es

Esta mañá a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurou, xunto coa deputada delegada de emprego, Montserrat Magallanes, a Xornada de Preparación da Mobilidade Erasmus+ do PracticumDepo 2015 que tivo como obxectivo dar a coñecer ós 41 participantes nesta primeira mobilidade en qué consiste o proxecto e como se teñen que preparar para ela.
A xornada iniciouse coa presentación do proxecto a cargo do xefe de servizo de promoción de emprego da Deputación de Pontevedra, Manuel Corujo, e da coordinadora do PracticumDepo 2015, Ana María Casal Canabal. Ambos os dous deron a coñecer as condicións de aceptación da bolsa, os compromisos dos participantes así como información práctica relativa a seguros, coberturas ou teléfonos de interese.
A continuación, tiveron lugar dúas conexións por Skype con Reino Unido e Italia na que se deu a coñecer información sobre a inmersión cultural, laboral e de riscos laborais en ambos países. Posteriormente tiveron lugar as acreditacións europeas e a transmisión de experiencias persoais a cargo do coordinador de programas europeos do IES Ricardo Mella, Miguel Anxo F. Riveiro, e dunha alumna que realizou estanzas formativas e laborais en Finlandia e Liverpool, Noemi Rodríguez.
Xa para rematar, e antes da clausura, a Directora de Comunicación da Deputación de Pontevedra, Ana Costas Fernández, impartiu unha conferencia sobre a participación en redes sociais (LinkedIn).
A Presidenta da Deputación destacou a importancia deste programa de mobilidade "que posibilita que mozas e mozos da provincia de Pontevedra, neste mundo global que vivimos, teñan a oportunidade de aprender a adaptarse ó entorno e incrementar as súas posibilidades de inserción no mercado laboral". A maiores, Carmela Silva engadiu que "PracticumDepo 2015 forma mentes abertas, con criterios propios, que prepara ás mozas e mozos para ser cidadáns do mundo".
Ademais, a Presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que se trata dun programa de utilidade que a institución provincial impulsa porque "consideramos que todas as políticas que faciliten a mobilidade, sempre que sexa voluntaria, son positivas xa que permiten que os estudantes pontevedreses adquiran novas competencias lingüísticas, novos coñecementos e habilidades para adaptarse mellor ó mundo global. Hoxe tristemente moitas mozas e mozos da nosa provincia vense obrigados a abandonar o noso país na procura dun emprego digno. Este non é o modelo de mobilidade que queremos". Para rematar, Carmela Silva agradeceu o compromiso das alumnas e alumnos, das súas familias e das súas profesoras e profesores. Neste sentido, Silva manifestou que "hai servidores públicos, neste caso os docentes, que sen estar obrigados adquiren compromisos impagables que van máis alá da súa tarefa como mestras e mestres e que toda a cidadanía lle debe agradecer. Son consciente da dificultade de organizar este programa así que quero darlles un especial protagonismo ós docentes por facelo realidade".
PracticumDepo 2015 enmárcase no programa europeo Erasmus+ para o período 2014-2020 e ten por obxectivo que os participantes adquiran novos contidos relacionados coa súa profesión, coñezan a cultura do país de destino, melloren o dominio de linguas, detecten oportunidades de emprego e, en definitiva, complementen os seus coñecementos.
Os beneficiarios son estudantes con residencia no noso país e maiores de 18 anos de ciclos medios de formación profesional que deben iniciar e finalizar a mobilidade durante os 12 meses posteriores á data de obtención da súa titulación. En concreto, PracticumDepo 2015 permitirá que 123 persoas realicen prácticas formativas en Finlandia (21 persoas), Francia (30 persoas), Italia (37 persoas) e Reino Unido (35) durante 6 meses.
As 123 alumnas e alumnos que participarán neste proxecto corresponden a 18 centros educativos de Vigo (IES A Guía, Ricardo Mella, Centro de Artes Plásticas e Deseño Atlántico, Chapela, Politécnico e Centro de Formación Divino Maestro), Pontevedra (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, IES A Xunqueira I e IES Montecelo), Ponteareas (A Granxa), Vila de Cruces (IES Marco do Camballón), Silleda (IES Pintor Colmeiro), Salvaterra de Miño (IES Salvaterra de Miño), Cambados (IES Francisco Asorey), Tomiño (IES Tomiño), Marín (IES Chan do Monte), Sanxenxo (IES de Vilalonga) e Moaña (IES A Paralaia) e distintas familias profesionais (aceites de oliva, xardinería, laboratorio, farmacia, telecomunicacións, preimpresión, automática, mecanizado, electromecánica,etc.).
As 41 mozas e mozos que participarán na primeira mobilidade do PracticumDepo2015 iniciarán as prácticas en empresas o 19 de outubro de 2015 e rematarán o 30 de abril de 2016. Deles, 26 desprazaranse ata o Reino Unido (25 a Belfast e 1 a Edimburgo) e 15 a Italia (2 a Cori, 4 a Terranova de Sibari e 9 a Corigliano Calabro). Para poder afrontar a viaxe a través do programa PracticumDepo2015 outórganse axudas económicas que se distribúen en contribucións para a viaxe (entre 275 e 360 € dependendo do destino) e para o aloxamento, manutención e transportes locais (entre 7.934 € e 9.602 €).
A segunda mobilidade terá lugar en outubro de 2016.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones