Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AMPLÍASE A SUBVENCIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR PARA O ANO 2015

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 16 de outubro; poden optar a esta liña de axudas todos os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 16 de outubro; poden optar a esta liña de axudas todos os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes

Fecha: 06 de Octubre de 2015

Fuente: depo.es

Os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes poderán solicitar, a partir de mañá e ata o venres 16 de outubro, unha ampliación da subvención destinada a reforzar o servizo de axuda no fogar durante o ano 2015. A ampliación desta liña de axudas, que acaba de ser aprobada pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, permitiralles ás entidades locais seguir ofrecéndolles atención no seu propio domicilio ás persoas e unidades familiares que o precisen.

A deputada provincial de Benestar Social, Eva Vilaverde, considera necesaria esta ampliación ante "as crecentes demandas procedentes dos concellos, que nalgúns casos non podían atender solicitudes de urxencia e nos peores tiñan que proceder a dar de baixa a usuarias e usuarios".

Eva Vilaverde asegura que "este progresivo aumento das necesidades de atención é lóxico tendo en conta a realidade social dos concellos, maioritariamente rurais, illados e cada vez máis avellentados, sobre todo os do interior". Debido a esta situación "a Deputación está obrigada, legal e eticamente, a cubrir esta urxencia social ante as limitacións de recursos impostas ós concellos por parte das administracións superiores", engadiu a deputada.

O modelo de formulario de solicitude desta convocatoria está a disposición dos concellos na páxina web da Deputación; as solicitudes poden presentarse tanto no Rexistro xeral do ente provincial coma en calquera das oficinas de rexistro locais.

Mediante esta liña de axuda subvenciónanse os gastos de retribucións de Seguridade Social do persoal auxiliar do servizo de axuda no fogar, así como o gasto do material propio do servizo, coma luvas, batas, pixamas e zocas. Este servizo pode xestionarse directamente ou mediante algunha das formas previstas na lexislación de contratos do sector público.

O importe da transferencia ós concellos determínase establecendo unha contía máxima de 2.358,49 euros para cada un dos 53 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. No caso de que o número de solicitudes non cubra as cantidades máximas ofertadas a subvención repartiríase equitativamente entre todos os solicitantes ata chegar, como máximo, á contía reflectida no formulario de solicitude.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones