Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ANA MIRANDA E AS PLATAFORMAS DE EMIGRANTES RETORNADOS AMOSAN A SÚAS SATISFACCIÓN POLA POSITIVA RESPOSTA DA COMISIÓN DE GARANTÍAS DO PARLAMENTO EUROPEO PARA AXILIZAR A SÚAS DENUNCIA

Axilizamos a denuncia presentada na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo

Axilizamos a denuncia presentada na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo

Fecha: 11 de Diciembre de 2015

Fuente: BNG - Prensa

A Portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, e representantes das Plataformas galegas de Emigrantes Retornados realizan unha avaliación moi positiva da axenda de traballo levada a cabo en Bruxelas durante estes dous días.

As Plataformas de Vigo, Pontevedra, Barbanza, Costa da Morte, O Salnés, do Baixo Miño, da Coruña, Santiago, Ourense e incluso delegacións de Suiza, iniciaron unha serie de encontros e reunións de traballo no Parlamento Europeo grazas á iniciativa do BNG. Unha visita na que mantiveron unha xunta na Eurocámara co Secretariado da Comisión de Peticións da Eurocámara, e logo varios encontros con eurodiputados nacionalistas de EH Bildu, ERC, Compromís, entre outras.

Á súa volta hoxe, Ana Miranda sinalou que "é preciso facer unha avaliación moi positiva, sobre todo porque xestionamos que se axilice a denuncia presentada na Comisión de Peticións do Parlamento europeo". Ademáis, resaltou o feito de vernos con representantes de diferentes grupos políticos, que nos dixeron que van apoiar a denuncia cando se fundamente".

Explicou Miranda que para trasladar estes problemas serven os escanos nacionalistas aportouse nova documentación e información, que se enviará durante estes días. E especialmente, subliñou, a importanza de ter feito unha interlocución directa coas institucións europeas. Finalmente, "fixemos unha acción mediática diante da Comisión Europea porque "se trata de visibilizar un problema que afecta a miles de pensionistas emigrantes retornados, e que se non solucionamos, seguirá a afectar aos nosos emigrantes no futuro".

Pola súa parte Alexandre Lago, da Plataforma de Emigrantes Retornados de Vigo, puxo de manifesto que "percibimos receptividade por parte da Comisión de Peticións que nos comunicou a imediata resolución das nosas denuncias, que só pretenden conseguer un trato xusto e equitativo cos emigrantes retornados, que se elimine a retroactividade da tributación das pensións do estranxeiro, que se acaten os Convenios Bilaterais e se acepten as pensións de invalidez e de incapacidade".

Finalmente, Xosé Lois Leirós, da Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés, tamén fixo unha conclusión moi positiva da receptividade que atoparon tanto por parte das institucións europeas como por parte doutros grupos parlamentares. "Percibimos interese e entendemos que a nosa denuncia terá éxito. Queremos trasladarlle aos emigrantes retornados as nosas esperanzas de resolución do trato discriminatorio que recibimos".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones