Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Ana Pontón pide renovar o apoio a Sandra González para continuar -co soño colectivo- de Tomiño

A alcaldesa declara que ten -forza, ganas e ilusión de seguir transformando o concello- convertido en referente de benestar local do que a veciñanza sente orgullo

A alcaldesa declara que ten -forza, ganas e ilusión de seguir transformando o concello- convertido en referente de benestar local do que a veciñanza sente orgullo

Fecha: 25 de Marzo de 2019

Fuente: BNG Tomiño

A portavoz nacional, Ana Pontón, presumiu da capacidade de xestión e de transformación en positivo dos gobernos municipais do BNG, dos que Tomiño é un claro e significativo exemplo e así o salientou na presentación da candidata a Alcaldía e actual alcaldesa, Sandra González.

"Levamos doce anos transformando en positivo a vida e a vila de Tomiño nun proceso que non pode pararse agora", proclamou Pontón, segura de que a veciñanza manterá un apoio renovado na candidatura nacionalista o vindeiro 26 de maio "porque sabe que a alcaldesa Sandra González ten un proxecto, sabe que ten visión estratéxica, sabe que foi capaz de situar a Tomiño no mapa, de mellorar os servizos públicos e de levar adiante unha transformación que seguramente moitas persoas non soñaran".

"Este soño que é colectivo ten que continuar avanzando, e para que iso ocorra hai que fortalecer o goberno municipal que lidera a alcaldesa, porque é a garantía de que este proceso tan ilusionante e que tanto ten mellorado a vida da xente de Tomiño poda seguir adiante", subliñou a líder nacionalista.

A candidata e actual rexedora municipal declarou no acto de presentación sentirse "con forza, con ganas e con ilusión de seguir transformando o concello como até agora convertido nun referente en moitos campos". Neste sentido, destacou como exemplos o logro de ser o único municipio cun mercado de excelencia en Galiza, o traballo feito en saneamento e traída de auga ou recoñecemento de Tomiño como concello amigo da infancia, galardón que outorga UNICEF.

"Pasamos de ser unha vila case anónima a ser un Tomiño que destaca polas súas prácticas en política local", salientou González, orgullosa do traballo do BNG man a man coa veciñanza ao longo destes anos de goberno local nacionalista. "Apostamos por seguir transformando esta vila e por iso agardamos que os veciños e as veciñas confíen no BNG para continuar neste cambio", indicou.

No acto de presentación, que contou tamén coa participación do alcalde Pontevedra, referente fora e dentro de Galiza, tanto Pontón como González fixeron un chamamento á participación para fortalecer o apoio ao proxecto do Bloque, que marcou un antes e un despois no concello. Pasou de ser un máis na comarca a ser un municipio do que a veciñanza se sente orgulloso, do que presume.

Novos proxecto para facer
A etapa de goberno de Sandra González e a súa equipa municipal deixou atrás un Tomiño parado, estancado no que non se facía nin pasaba nada, a ser un modelo tras as importantes accións de goberno que tmodernizaron a vila, agora con máis servizos, renovación urbana e dinamismo económico e social.

O BNG logrou mudar a cara do concello cun modelo urbano sustentable e pensado para as persoas tendo en conta a dimensión dun concello marcado pola dispersión, facendo unha aposta pola cohesión de todo o territorio municipal. Tras a rexeneración do núcleo urbano agora está en proxecto o de Goián, ao que se engade unha aposta clara polo comercio local, coa referencia dun mercado municipal rehabilitado e con selo de excelencia único en todo o país.

Os logros están aí, pero a candidata salientou que hai que seguir avanzando: "Queda moito por facer, moitos proxectos e ideas que executar", por iso pediu o apoio da veciñanza para seguir traballando para transformar en positivo Tomiño, "porque o mellor aínda está por vir", concluíu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones