Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Ánxela Fernández Callís, abre -un tempo novo- na súa toma de posesión como alcaldesa do Rosal

-Desde xa imos ter a porta aberta ó diálogo, ó consenso e ás propostas, sempre-, Ánxela Fernández

-Desde xa imos ter a porta aberta ó diálogo, ó consenso e ás propostas, sempre-, Ánxela Fernández

Fecha: 17 de Junio de 2019

Fuente: BNG O Rosal

O pasado sábado tivo lugar a toma de posesión da nova Corporación Municipal rosaleira e elección da nova alcaldesa, a nacionalista Ánxela Fernández Callís. A nova rexedora rosaleira dirixiuse ós compañeiros de corporación e ó público asistente, manifestando que se "abría un tempo novo" no que estarían "abertos ó diálogo, ó consenso e ás propostas, sempre".

Comezou a súa intervención apelando a responsabilidade que supón gobernar o concello do Rosal, e a humildade e ó respecto, pero tamén a ilusión e as ganas de traballar polo ben común.

"O pasado 26 de maio, a veciñanza do Rosal encomendounos a toda a corporación unha tarefa: traballar polo noso pobo. Estou convencida de que cada un de nós desde o lugar que nos ocupa polo mandato da veciñanza traballaremos polo ben dos rosaleiros e rosaleiras", dixo.

Tamén felicitou a toda a veciñanza, pola alto nivel de participación no proceso electoral o pasado 26 de maio, que segundo palabras de Ánxela, "é sinónimo de saúde democrática". Así mesmo agradeceu a confianza depositada pola veciñanza na súa persoa e no equipo que encabezou, "que fixo posible que hoxe estea aquí dirixíndome a todos e todas vós como Alcaldesa do Rosal", resaltou.

Do mesmo xeito lembrouse de toda a veciñanza que "votou por outras opcións políticas e da que decidiu non ir a votar. Quero dicirlles que somos o goberno de todos e cada un dos rosaleiros sen excepción", incidiu.

"A vida son momentos e a maioría da veciñanza do Rosal o pasado 26 de maio decidiu que era o momento de darnos a oportunidade de abrir un tempo novo que construiremos pouco a pouco entre todos e todas. Un futuro do que nos sintamos partícipes e orgullosos. Contamos con todos e todas vós, con todos os rosaleiros e rosaleiras. Traballaremos man a man cun obxectivo común: mellorar a realidade do noso pobo", afirmou.

Despois do acto institucional, e xa como alcaldesa, dirixiuse á veciñanza que se atopaba na praza do Calvario dende o balcón do Concello, para agradecer o apoio recibido.

Finalmente, e xa organizado polo BNG, mantiveron un convívio e xantar aberto a quen quixera participar na carballeira de San Miguel.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones