Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Ánxela Fernández: -Toca abrir un tempo novo no que construir un futuro do que os veciños se sintan partícipes e orgullosos-

Escoitar e fomentar a participación veciñal será fundamental para o BNG

Converteremos a praza do Calvario no mellor lugar de encontro para a veciñanza

Fecha: 14 de Mayo de 2019

Fuente: BNG O Rosal

O BNG do Rosal celebrou o pasado sábado, un acto público no que presentou as súas principais propostas de goberno para estas eleccións locais, nunha ateigada Sala de Exposicións do Concello rosaleiro, onde a candidata nacionalista recibiu o calor e apoio de máis de trescentas persoas. Contou ademais, coa presenza e apoio do deputado provincial, Uxío Benítez.

Participación veciñal
Ánxela Fernández Callís, candidata nacionalista, desgranou unha grande parte das súas propostas programáticas, froito do traballo de meses "reuníndonos con todo o tecido asociativo do Rosal", ao que agradeceu a súa implicación e capacidade de dialogo.

"Para nós escoitar e fomentar a participación veciñal será fundamental se temos a oportunidade de gobernar", afirmou Ánxela.

Nese sentido manifestou o compromiso do BNG de "crear Consellos Municipais nos que todas as asociacións teñan voz e traballen conxuntamente co goberno local" para a coordinación, visibilización do traballo do asociacionismo e posta en común das necesidades.

Emprendemento e emprego
En materia de emprego, e dentro das competencias que ten o concello, Fernández Callís propuxo apoiar co "asesoramento para as persoas que vaian emprender un negocio e un plan de emprego municipal e comarcal en colaboración co resto de concellos do Baixo Miño", así como reclamar da Xunta o desenvolvemento do Polígono Industrial.

Así mesmo, comprometeuse a "apoiar o comercio local e a restaurar a praza de abastos escoitando ós praceiros e veciñanza, apostando polo comercio de proximidade", dixo.

Praza do Calvario e entorno
Outra das propostas presentadas pola candidata nacionalista foi a da mellora da Praza do Calvario e o seu entorno. Nese sentido dixo que "unha praza fermosa e emblemática como é a do Calvario, ten que ser para que desfruten dela desde os nenos ata as persoas maiores", comprometéndose a escoitar aos comerciantes "de dentro e de fóra da praza" - puntualizou - asociacións, veciños e veciñas e "habilitando as zonas de aparcamento máis accesibles. Xuntos converterémola no mellor lugar de encontro para toda a veciñanza", afirmou.

Así mesmo, no eido cultural, deportivo e patrimonial, propuxo crear "unha axenda cultural, lúdica e deportiva conxuntamente co asociacionismo que programe as actividades, actuacións e eventos" que se desenvolvan no Rosal e "por en valor e visibilizar o patrimonio cultural, arqueolóxico, gastronómico natural", manifestou.

Do mesmo xeito, comprometeuse a dar solución ao problema da xestión das augas residuais, "contemplando a opción máis viable económica e ambientalmente", sobre todo en San Xian, Portecelo e Pías.

Pola súa banda, Uxío Benítez, deputado provincial de Mobilidade, fixo referencia ao proxecto integral da Deputación para a Praza do Calvario que xa se presentou no Rosal. Puxo varios exemplos tamén de como o concello de Tomiño, nos anos de goberno do BNG, foi transformado para hoxe ser unha referencia a seguir para a comarca e a nivel nacional.

O acto foi conducido e presentado, por Ramón Fernández Leal, histórico militante nacionalista que fora concelleiro, e que falou de como coñeceu a Ánxela, da súa relación con ela cando foi súa alumna, e valorando a súa figura, da que dixo "reune as características que eu máis valoro nas persoas. É sensible aos problemas persoais e sociais. Solidaria. Ten empatía, é quen de pórse no lugar das persoas coas que se relaciona. É conversadora, sabe escoitar. É librepensadora, manifesta os desacordos con calma. Ten ilusión e é ilusionante. Ánxela ten a virtude da humildade, sabe de onde ven. Non vai esquecelo xamais. Ánxela está acostumada a traballar en equipo. É futbolista en activo e pertence á Agrupación Musical do Rosal, dúas actividades que queren traballo en colectivo", afirmou.

Rematou a súa presentación pondo en valor a formación da candidata nacionalista, "Ánxela é economista e ten un máster en Finanzas. Un máster dos de verdade, nos que hai que estudar moito", dixo e engadiu que "na súa especialidade é quen de ter en conta o pasado para saber o que hai que manter e o que hai que cambiar e tamén sabe planificar o futuro para aplicar no presente".
"Queremos que Ánxela sexa alcaldesa e que se fagan as cousas contando coa participación da veciñanza, planificando, escoitando. Ánxela ten que ser alcaldesa porque no Rosal nótase, percíbese a necesidade dun cambio" rematou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones