Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ANXO QUEIRUGA RENOVA O CARGO DE PRESIDENTE DE COGAMI POR CATRO ANOS MÁIS

O reelixido presidente presenta como reto para os vindeiros catro anos actuar intensamente na creación de emprego das persoas con discapacidade

O reelixido presidente presenta como reto para os vindeiros catro anos actuar intensamente na creación de emprego das persoas con discapacidade

Fecha: 28 de Mayo de 2015

Fuente: COGAMI

Anxo Queiruga renova o cargo por catro anos máis como presidente de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). Así o decidiron por maioría os votos dos representantes das dezaseis entidades membro directo en representación das 55 que conforman a Confederación, na celebración da XIV Asemblea Xeral Extraordinaria.

 

Outro dos cambios máis levados a cabo na xornada foi a inclusión na Xunta Directiva de catro novas persoas membro, unha delas muller, co que a nova dirección estará conformada por 5 mulleres e 12 homes. Estas son as persoas integrantes da nova xunta directiva:

 

Presidente: Anxo Antón Queiruga Vila

Vicepresidente 1º: Ramón Sestayo Lestón

Vicepresidenta 2º: Mónica Álvarez San Primitivo

Secretario: Ignacio Rodríguez Sáez

Vicesecretaria: Juana Mª Tubío Ordóñez

Tesoureiro: Álvaro García Bustelo

Vicetesoureiro: Silvestre Couto Torrado

Vogais: Celso Álvarez Pérez

             José Luis Costoya Quintela

             Paulo Fontán Torreiro

             Mª Emma Caamaño García

             David Silva Gómez

             Manuel Santos Lamas

             Laura Quintas Lorenzo

             Manuel Barreiro Conde

             Miguel Pazo Páramos

             Mª Jesús Pérez Piñeiro

             Manuel Laureano Caamaño Sestayo

Entre os retos para estes catro anos da nova xunta directiva de COGAMI, segundo apuntou Anxo Queiruga, son "seguir traballando pola defensa dos dereitos das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da vida, como xa levamos facendo dende hai 25 anos".

 

Para esta lexislatura que inicia en COGAMI, o reelixido pretende darlle estabilidade ao conxunto da organización que se veu resentida durante os sete anos de crise económica, co fin de que as entidades membro poidan seguir prestando servizos, sobre todo no ámbito rural. As persoas con discapacidade que residen no rural non dispoñen dos mesmos apoios que as que viven nas cidades, co que se pretende ir reducindo a brecha.

 

O impulso do emprego é outro dos puntos salientables e reto a alcanzar para os vindeiros catro anos. Anxo Queiruga dixo seguir traballando polo emprego das persoas con discapacidade, tanto nas empresas ordinarias como tamén nos centros especiais de emprego, porque é a través do emprego cando as persoas están incluídas dentro da  sociedade.

 

O presidente de COGAMI rematou o seu discurso aludindo á necesidade de potenciar a vida autónoma das persoas con discapacidade que precisen apoios xeneralizados para desenvolver actividades da vida diaria. "É fundamental traballar para poñer en marcha medidas que impidan que estas persoas terminen nunha residencia e traballar en programas que sirvan para desinstitucionalizar a aquelas que están vivindo nas residencias", apuntou Queiruga.

 


CONFERENCIA

 

Conferencia no hospital Meixoeiro de Vigo sobre o linfedema e os seus tratamentos

A Asociación Galega de Linfedema (AGL), entidade que forma parte de COGAMI, organiza unha conferencia na que se vai abordar a enfermidade do linfedema dende diferentes visións de profesionais que a tratan e tamén de pacientes que a teñen.

O venres, 29 de maio, no salón de actos do hospital Meixoeiro de Vigo, o presidente de AGL, Juan Manuel Lameiro, será o moderador da conferencia que contará coa participación da médica rehabilitadora no hospital O Meixoeiro, Mónica Romo Monje, o fisioterapeuta especializado en linfedema, Gustavo Paseiro Ares e a profesional de prendas ortoprotésicas

Manuela López de Vicuña Edreira.

A conferencia está aberta a todas as persoas que estean interesadas en acudir.

Para máis información. info@linfedemagalicia.com ou teléfono 986 505 443 // 630 024 428

A Asemblea de COGAMI celebrouse este ano en Lugo, no centro de recursos que ten operativo en Fingoi, onde se prestan servizos de apoio a persoas con gran discapacidade física co obxectivo de fomentar a súa autonomía a través de programas de saúde, formación,  orientación e inserción laboral, información, asesoramento, lecer..., aos que acoden a diario unhas 100 persoas de toda a provincia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones