Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Areeiro advirte da actividade anticipada da procesionaria nos piñeiros da provincia

A Estación Fitopatolóxica vén de emitir un aviso fitosanitario extraordinario aconsellando aplicar medidas para evitar que as eirugas completen o seu ciclo biolóxico

Tamén se advirte da necesidade de instalar trampas para as eirugas defoliadoras que afectan aos gromos dos carballos. Foto: páxina web da EFA

Fecha: 10 de Enero de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, vén de emitir un aviso fitosanitario extraordinario de tipo forestal para advertir da actividade anticipada da procesionaria nos piñeiros da provincia. Segundo indican os técnicos, é preciso aplicar as medidas necesarias para evitar que as eirugas completen o seu ciclo biolóxico no caso de ter detectadas procesións en xardíns con piñeiros ou cedros. Así mesmo, en relación ás frondosas, aconsellan instalar trampas de feromonas para reducir as poboacións de eirugas defoliadoras que poidan afectar aos gromos dos carballos.

Segundo indican desde o centro de investigación de Areeiro, nalgúns lugares da provincia estanse xa a iniciar as procesións de enterramento das eirugas de Thaumetopoea pityocampa. Normalmente estas procesións comezan en marzo, e a data mais temperá que temos rexistrada ata agora fora no ano 2010, polo que a súa rápida aparición nestas datas de 2017 é inusual.

As procesións prodúcense cando as eirugas acadan a súa madurez -e as temperaturas son suaves-, abandonan os bolsóns, descenden polo tronco e entérranse no chan. Dado que estes insectos posúen pelos urticantes que liberan cando se senten ameazadas, producindo reaccións alérxicas e inflamatorias, é importante saber que non se deben manipular baixo ningún concepto. No caso de animais domésticos como os cans, chegan mesmo a xerar necrose nos tecidos da boca e próximos.
A técnico Rosa Pérez explica que, pero "con todo, caso de observar procesións en xardíns con piñeiros ou cedros, resultaría interesante evitar o enterramento das eirugas para impedir que continúen o seu ciclo biolóxico". Para iso pódese aplicar un insecticida piretroide ou ben impedir mecanicamente o proceso, tendo a precaución de usar todas as proteccións persoais posibles para evitar os danos.

 

Frondosas
Por outra parte, desde mediados do mes de decembro os investigadores de Areeiro están a capturar numerosos machos de Operoptera brumata nas trampas de feromonas instaladas en zonas de frondosas da comarca do Morrazo que en abril-maio estiveron afectadas por fortes defoliacións (ver aviso fitosanitario do 29/04/2016). "Considerando os fortes danos que poden causar en diferentes especies de frondosas, aconséllase a instalación destas trampas para reducir as poboacións que poidan afectar aos gromos deste ano", asegura a técnica Rosa Pérez.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí