Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AS 22 CONFRARÍAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA RECIBIRÁN ESTE ANO MÁIS DE 700.000 EUROS EN AXUDAS DA DEPUTACIÓN

Os seus representantes, a conselleira Rosa Quintana e o presidente provincial, Rafael Louzán, acordaron nunha xuntanza, os criterios e contías

Os seus representantes, a conselleira Rosa Quintana e o presidente provincial, Rafael Louzán, acordaron nunha xuntanza, os criterios e contías

Fecha: 15 de Abril de 2015

Fuente: depo.es

A Deputación de Pontevedra achegaralles ás confrarías da provincia unha cantidade próxima ós 711.000 euros, segundo acordaron hoxe o presidente da institución, Rafael Louzán, a conselleira de Pesca, Rosa Quintana, representantes das 22 confrarías da provincia e a propia Federación Provincial de Confrarías nunha xuntanza no Pazo  provincial.

Estas xuntanzas teñen lugar nos últimos anos para fixar criterios de repartición, unha vez que as confrarías expoñen os seus problemas e as súas necesidades.

 

Contías acordadas

O ano pasado a Deputación achegoulles a estas entidades 711.000 euros; 15 bolseiros desenvolveron, ademais, durante un ano, distintas tarefas nos diferentes pósitos.

Este ano a cantidade acordada para repartir será similar. As liñas de axudas fixadas serán as de comercialización, investimentos propios dos pósitos, recuperación de bancos marisqueiros e reparacións de locais. Segundo explicou Louzán, a Deputación adiantará o 50 % do investimento de cada confraría; achegará o 50 % unha vez que se xustifiquen os traballos.

O presidente da Federación, José Antonio Gómez Castro, explicou que o encontro serviu para fixar liñas e criterios de axudas e para acordar como se xestionarán as subvencións. Dixo que, polo difícil momento que pasa o sector (cotas, mortaldade, furtivismo…), as axudas da Deputación son fundamentais para solucionar problemas dos pósitos, e gabou, sobre todo, a concesión de bolseiros por un ano.

Pagamentos e plans conxuntos

Pola súa banda, a conselleira Rosa Quintana destacou a colaboración das tres institucións e o papel da Federación, en canto sintetiza en tres ou catro liñas de axudas os diversos problemas das entidades; subliñou que as confrarías de Pontevedra, nalgún caso, xa están a desenvolver plans conxuntos de servizos e traballos.

Ó seu xuízo estas actuacións aseguran unhas confrarías máis eficientes e de maior futuro; informou tamén que a Consellería de Pesca recuperou zonas improdutivas ata agora para o marisqueo.

Finalmente, Louzán afirmou que o correspondente convenio económico, cos criterios e contías hoxe acordadas, será asinado nun tempo máximo de 15 días, unha vez que a Federación remita os criterios de repartición e a lista de titulacións académicas que precise. Asegurou tamén que os pagamentos se realizarán a principios do verán (o 50 %) e a finais de setembro (o restante).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones