Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As actividades saudables gañan a partida nos Orzamentos Participativos Transfronteirizos 2020

O público elixiu -As Rotas Minho/Roteiros Miño- e -Pensar o corpo, mover a mente- como propostas vencedoras

O público elixiu -As Rotas Minho/Roteiros Miño- e -Pensar o corpo, mover a mente- como propostas vencedoras

Fecha: 20 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Cerveira e Tomiño xa contan con novos proxectos de actividades compartidas para o vindeiro ano. A cidadanía de ambos os dous municipios escolleu por maioría dous proxectos relacionados con actividades saudables como iniciativas gañadoras da nova edición dos Orzamentos Participativos Transfronteirizos 2020: ‘As Rotas Minho/Roteiros Miño', impulsada polo Clube Celtas do Minho e Carlos Xabier Oliveira Ortega, e ‘Pensar o corpo, mover a mente', promovida polo Clube de Fitness de Cerveira (Associação sem fins lucrativos) e a Asociación Sociocultural Senraia.

A iniciativa ‘As Rotas Minho/Roteiros Miño', que acadou o 28% dos votos, busca organizar rutas para facer andando por entre Tomiño e Cerveira que se aproveiten para coñecer ambos territorios a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental e natural. Deste xeito, e ao mesmo tempo, poténcianse outros obxectivos como fomentar hábitos saudables, mellorar a condición física das persoas participantes, diminuír o estrés e a ansiedade grazas a ter unha vida activa e promover accións de sensibilización ambiental, entre outros. A actividade prevé a realización de 10 rutas diferentes ao longo de todo o ano 2020.

A segunda proposta elixida, ‘Pensar o corpo, mover a mente', tamén vai dirixida a persoas de to-das as idades e procurará a dinamización deportiva, recreativa e sociocultural en Tomiño e Cerveira. A través desta iniciativa incentivarase á poboación a practicar deporte, porase en valor a saúde física e mental, xerarase interese tamén en actividades artísticas e culturais, fomentaranse os costumes e valores locais e estreitaranse lazos entre os dous municipios transfronteirizos con actividades deportivas, artísticas e de lecer que se sucederán durante unha fin de semana do segundo trimestre do vindeiro ano. Esta iniciativa, que se presentaba por segunda vez ao OPT, acadou o 21% dos votos totais.

A pesar de non acabar sendo elixidas, as restantes tres propostas (‘Experiences4all', ‘Unha pinga de vida' e ‘Intercambio Interxeracional') son reveladoras das ganas de todas as entidades partici-pantes e das sinerxías que poden vir a ser constituídas no futuro en prol da potenciación deste territorio común.

En total rexistráronse máis de 700 votos ao longo do período de votación, no que podían participar todos os veciños e veciñas residentes en Vila Nova de Cerveira e Tomiño e maiores de idade, sendo obrigatorio escoller dúas de entre as cinco propostas suxeridas.

Dotado con 20.000 euros, o OPT é unha iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portu-gal e unha das prioridades da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, coa que se pretende potenciar a participación pública e o poder de decisión da cidadanía de ambas marxes do río Miño, implicando á veciñanza na procura de solucións conxun-tas para necesidades comúns. É un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP a través de fondos FEDER da Unión Europea.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones