Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AS ARPAS DE ?LULAVAI- CHEGAN ESTE SÁBADO A TOMIÑO

A función terá lugar no Auditorio de Goián a partir das 22.00 horas

Fecha: 09 de Noviembre de 2013

Fuente: www.concellotomino.com

Tras a actuación inaugural da programación cultural de outono,o día 19 de outubro pasado, a cargo de "MOXENAS MUSICAL GALEGO" e “Os Trasnos da Gaita”, chega este sábado, 9 de novembro, o grupo "Lulavai", un singular cuarteto de arpas formado por catro mulleres: Lorena Reinaldo, Josefa Fernández, Elena Paz e Paula Oanes, que ofrecerán un singular concerto no que contarán coa colaboración especial de Miguel Souto.

Segundo a páxina web "Galiciatunes", Lulavai é un "proxecto musical no que a sonoridade de 4 arpas e 4 voces se funden para interpretar con son propio temas tradicionais e de composición. Son unha das máis delicadas e intimistas formacións da música galega actual. Estas catro mulleres crean unha deliciosa e elegante atmosfera sobre os escenarios que se pode gozar no seu primeiro álbum “CorDasVerbas” editado no 2010".

Tal coma afirma esta publicación dixital, as compoñentes "coñecéronse en 2005 cando formaban parte da orquestra folk Sondeseu, ao tempo que compartían mestre de arpa, o ex compoñente de Milladoiro, Rodrigo Romaní. En 2008 decidiron emprender esta nova aventura musical. Desde entón levan percorrido multitude de escenarios, desde Galicia ata o País Vasco, Portugal ou Francia"
.
Programa cultural de outono
O día 30 de novembro, será Roi Casal o que achegará a súa música de arpa ata Goián.
Estas tres actuacións serán no Auditorio de Goián ás 22.00 horas, con entrada xeral de 3 euros.

A programación continúa en decembro co grupo “Can de Palleiro”, que brindará un concerto solidario o día 8 ás seis da tarde. Neste caso a entrada será un alimento que se destinará á ONG SOS Tomiño.

O 15 de decembro, ás 18.00 horas actuará no auditorio a Coral Polifónica de Tomiño cun concerto de Nadal e entrada libre, e o 22 fará o propio a Agrupación Musical de Goián (tamén ás 18.00 e entrada de balde).

Pechará o ciclo de outono “Airiños Novos de Pinzás”, o día 29 de decembro, coa presentación do seu disco “O buraco dos mouros”. Tamén no auditorio goianés, ás 18.00 e entrada libre.

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explica que cada temporada do ano, o Concello pretende dedicar a programación a unha rama diferente da cultura e das artes, sendo esta a da música, así coma anteriormente se dedicou ao teatro, ao humor, etc.

Dende o Concello, agardan que esta nova programación cultural sexa tan ben acollida coma as anteriores, que gozaron do aplauso do público na súa totalidade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones