Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As asociacións APAMP, VONTADE, ADAPTA e o centro de Mos participan no programa -Navegando por unha ría inclusiva-

Máis de 30 persoas das Asociacións APAMP de Vigo, VONTADE do Baixo Miño, ADAPTA de Ponteareas e do centro que COGAMI ten en Mos participan no proxecto multideportivo

Máis de 30 persoas das Asociacións APAMP de Vigo, VONTADE do Baixo Miño, ADAPTA de Ponteareas e do centro que COGAMI ten en Mos participan no proxecto multideportivo

Fecha: 28 de Junio de 2019

Fuente: COGAMI

As asociacións APAMP, VONTADE, ADAPTA e o centro de Mos participan no programa "Navegando por unha ría inclusiva" que desenvolve a Federación COGAMI Pontevedra co apoio de ENCE

Máis de 30 persoas das Asociacións APAMP de Vigo, VONTADE do Baixo Miño, ADAPTA de Ponteareas e do centro que COGAMI ten en Mos participan no proxecto multideportivo "Pedaleando e navegando por unha ría inclusiva" que integra como fío condutor o compromiso co medio ambiente e a inclusión social


Baixo o título "Pedaleando e navegando por unha ría inclusiva", persoas con discapacidade poderán gozar este verán dun programa que contén actividades deportivas para practicar tanto na auga como tamén sobre terra firme.

Este programa, que desenvolve a Federación COGAMI Pontevedra (Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da provincia de Pontevedra), conta co financiamento da empresa ENCE, con cargo á convocatoria do plan social ENCE Pontevedra, que se pode seguir nas redes baixo o lema #enceplansocialpontevedra.

O programa, que integra como fío conductor o compromiso co medio ambiente e a inclusión social, consta de dúas partes, "Navegando por unha ría inclusiva", centrada en actividades de vela adaptada, e "Pedaleando por unha ría inclusiva" que se levará a cabo no marco dunha andaina polo paseo do río Lérez en Pontevedra.

"Navegando por unha ría inclusiva" que se concreta na realización de bautismos de mar a bordo do veleiro Laion, terá lugar do 24 ao 28 de xuño na ría pontevedresa embarcando nos náuticos de Portonovo, Sanxenxo, Combarro e Beluso. Precisamente nos días de hoxe e mañá, 27 e 28 de xuño, en Beluso e Sanxenxo respectivamente, máis de 30 persoas das Asociacións APAMP de Vigo, VONTADE do Baixo Miño, ADAPTA de Ponteareas e do centro que COGAMI ten en Mos teñen a oportunidade de participar nunha travesía de tres horas de duración e aprender nocións básicas sobre a navegación a vela, así como a realización de nós náuticos, o manexo do temón ou vocabulario propio da arte da navegación.
En total participarán arredor de 80 persoas distribuídas en quendas de mañá e de tarde (de 11 a 14h. e de 16 a 19h.) e vai permitir que a navegación a vela sexa máis accesible a todas as persoas.


O VELEIRO LAION

O Laion, de 13 metros de eslora, e no que se desenvolve o programa, ten unha capacidade máxima para 10 persoas: 2 tripulantes, que son persoas voluntarias que ceden o seu tempo para participar neste proxecto, 6 participantes con algunha discapacidade e outras 2 persoas acompañantes.

A embarcación conta con adaptacións para facer practicable a navegación, como un guindastre instalado na botavara que permite embarcar a persoas con mobilidade reducida dende o pantalán ata uns backets instalados na bañeira do barco. O control da embarcación conta cun winche eléctrico que se activa a través dun pulsador, e a electrónica foi desprazada á bañeira da embarcación, o que facilita o goberno da mesma.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones