Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As bases de Podemos Galicia apostan pola alianza con forzas amigas

Un 75% dos votantes apostaron polo modelo de alianza electoral.

Na consulta participaron máis de seis mil inscritas.

Fecha: 04 de Agosto de 2016

Fuente: Podemos Galicia

Os inscritos e inscritas de Podemos en Galicia avalaron a opción de acudir ás próximas eleccións autonómicas de outono en alianza electoral coas forzas amigas. Así se desprende dos resultados presentados na cidade de Vigo, en rolda de prensa, pola secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, e o secretario de organización, Juan Merlo.

Na votación participaron 6053 persoas, un 42,54 % do censo activo da formación -inscritas que participaron nalgunha consulta durante os últimos doce meses-, dos que catro mil cincocentos setenta e nove (4579) apostaron pola opción A, acudir en alianza electoral con outras forzas amigas, mentres que a opción de acudir en solitario, a B, foi a preferida por un 24.35% dos votantes, é dicir, mil catrocentos setenta e catro (1474).

Santos anunciou a inminente apertura dunha rolda de encontros coas outras forzas chamadas a ser aliadas de Podemos Galicia, para empezar a dialogar sobre a forma que haberá de tomar a alianza avalada polas inscritas e inscritos. A secretaria xeral da formación morada mostrouse partidaria dun modelo á catalá, tipo En Comú Podem. De igual xeito, a máxima responsable do partido en Galicia indicou a súa satisfacción porque o resultado foi decido polas bases e «non responde a un pacto de cúpulas», para engadir a continuación que esta decisión «supón ou inicio dá recuperación dá Xunta para a xente».

Rematada a intervención de Carmen Santos, tomou a palabra o secretario de organización, Juan Merlo, a quen correspondeu a presentación do calendario das eleccións primarias que Podemos Galicia haberá levar a cabo nas vindeiras semanas. Merlo declarou que «os prazos son xustos», pero «permiten abordar un proceso con tódalas garantías».

O referido calendario para o proceso de elección de candidatos, cuxo reglamento será publicado mañá xoves, contempla o periodo comprendido entre o catro e o dez de agosto para que as persoas que o desexen poidan presentar a súa candidatura e recibir o aval dalgún dos círculos validados, consellos cidadáns municipais ou autonómicos e, naqueles lugares onde non existan consellos cidadáns, mediante o aval dun secretario ou secretaria xeral.

Entre o once e o dezaseis de agosto desenvolverase a campaña electoral, iniciándose as votaciones o día catorce e concluíndo o prazo para exercer o dereito de sufraxio o mesmo día dezaseis. Rematadas as eleccións primarias proclamaranse os resultados finais, que establecerán quen serán as persoas que representarán a Podemos Galicia no Parlamento e os espazos comúns que resulten das conversacións con forzas aliadas.

Tanto Carmen Santos como Juan Merlo fixeron fincapé en que Podemos poñerá «todo da súa parte» para alcanzar un acordo satisfactorio para as distintas forzas, á vez que recalcaban que «non contemplamos a separación do camiño iniciado coas nosas aliadas».
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones