Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AS DEPUTACIÓNS DE PONTEVEDRA, CORUÑA E LUGO PROPOÑEN A CREACIÓN DUNHA COMISIÓN XURÍDICO-TÉCNICA PARA AVANZAR NO PROXECTO DE XESTIÓN DIRECTA DOS PARQUES CONTRAINCENDIOS

As tres deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra reafirmaron a súa vontade de camiñar cara o cambio de modelo de xestión dos parques dos Consorcios Provinciais cara outro de xestión directa

As tres deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra reafirmaron a súa vontade de camiñar cara o cambio de modelo de xestión dos parques dos Consorcios Provinciais cara outro de xestión directa

Fecha: 03 de Marzo de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e o presidente da deputación de Lugo, Darío Campos, propuxéronlle ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda a creación dunha comisión xurídico-técnica para avanzar con rigor no proxecto de xestión directa dos parques contraincendios provinciais. A primeira xuntanza terá lugar dentro de quince días para, despois, convocar outra de carácter político asentada "en piares firmes".

Mes e medio despois da primeira xuntanza das catro deputacións coa Xunta para estudar a xestión directa dos parques, unha nova reunión celebrada este mércores día 2 de marzo na sede da Vicepresidenta da Xunta afondou no proxecto coa iniciativa das deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo de crear unha comisión xurídico-técnica que estude o proceso con rigor e en profundidade.

As tres deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra reafirmaron a súa vontade de camiñar cara o cambio de modelo de xestión dos parques dos Consorcios Provinciais cara outro de xestión directa. Unha vez postos en coñecemento os primeiros resultados dos estudos individuais realizados coincidiuse na necesidade de elaborar un estudo conxunto e profundo no que se avalien os mesmos indicadores e no que teñan participación os servizos técnicos de todas as administracións implicadas.

Nunha rolda de prensa conxunta, as persoas representantes das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra informaron dos avances dados na nova xuntanza que camiñan, segundo dixo a vicepresidenta da Coruña, Goretti Sanmartín, na liña da "xestión directa con pasos dados como os informes económicos e xurídicos necesarios e o intercambio de opinións co colectivo de traballadores e traballadoras que, no caso da Coruña, se realizou coa participación de todos os grupos políticos para que expuxeran as súas peticións e que os acordos foran asumidos por toda a corporación".

"Temos informes que manexan datos distintos e parten de situacións diferentes tanto a respecto da situación laboral inicial como das condicións nas que se fixeron as concesións no seu momento, hai disparidade entre as tres deputacións polo que puxemos sobre a mesa a necesidade de crear unha comisión ténica que avaliase e intentase unificar esa diversidade dos tres consorcios", destacaron.

Da xuntanza de hoxe saiu a convocatoria dunha primeira reunión técnica que terá lugar dentro de quince días na que participarán tanto persoal das tres deputacións como da Xunta co fin de avaliar a situación e darlle un carácter homoxéneo con informes conxuntos. A partir de aí convocarase unha nova xuntanza de carácter político que, segundo apuntaron, "se asentará xa en piares firmes, desde unha perspectiva conxunta e homoxenea co fin de que dé resultados sólidos que confirmen se é fáctibel o cambio de modelo e en que condicións se debe abordar".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones