Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AS ENTIDADES DA DISCAPACIDADE GALEGAS ÚNENSE CONTRA O COPAGAMENTO CONFISCATORIO

Todas as entidades que conforman CERMI Galicia dispoñen de pregos para que as persoas que desexen asinar o poidan facer.

Todas as entidades que conforman CERMI Galicia dispoñen de pregos para que as persoas que desexen asinar o poidan facer.

Fecha: 26 de Febrero de 2015

Fuente: COGAMI

O CERMI Galicia, que representa a 235.000 galegos e galegas con discapacidade, lanza unha campaña de recollida de sinaturas coa que pretende que se modifique a actual Lei de Autonomía Persoal e Dependencia por considerala inxusta.

Todas as entidades que conforman CERMI Galicia dispoñen de pregos para que as persoas que desexen asinar o poidan facer. Tamén é posible asinar a través do enderezo https://www.mifirma.com/proposals/52

(Santiago, 25-2-15) O CERMI Galicia (Comité de Entidades Representantes de persoas con Discapacidade de Galicia) presenta en rolda de prensa a Iniciativa Lexislativa Popular "Afirma os teus dereitos, asina contra o copagamento confiscatorio" coa que pretende responderlle á Administración que está en desacordo cos criterios de copagamento na Lei de Autonomía Persoal e Dependencia.

Dende o CERMI Galicia lanzan unha campaña, que é de ámbito nacional, coa que se pretende recoller 500.000 sinaturas de persoas con discapacidade, maiores, familias, profesionais dos servizos sociais, voluntariado e á cidadanía en xeral, para que consignen a súa firma de apoio a esta acción.

Con esta Iniciativa Lexislativa Popular preténdese que exista unha exención de copagamento a quen perciba menos de 1.331 euros  (2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples, IPREM), que se fixe unha aportación máxima por persoa que non sexa superior ao 60% do custe do servizo e tamén que se lle garanta á persoa en situación de dependencia unha cantidade para destinar a gastos persoais que non sexa inferior ao 40% da súa capacidade económica.

Segundo apuntou o Presidente de CERMI Galicia, Anxo Queiruga, durante a rolda de prensa, as razóns polas que as entidades da discapacidade nos unimos a esta campaña de non ao copagamento confiscatorio é porque " o actual sistema de copagamento en Dependencia levou a millóns de persoas a unha situación extrema, onde moitas persoas en situación de dependencia foron expulsadas do sistema e impedíuselles o exercicio dos seus dereitos sociais. Temos o exemplo de que hai  comunidades autónomas nas que as persoas en situación de dependencia deben aportar hasta un 90% do custe do servizo, polo que esta situación forzou a sacar a persoas en situación de dependencia de recursos non domiciliarios, tiveron que abandonalos e volver ás súas casas, a costa da inclusión e da autonomía persoal".

Outras das razóns, segundo Queiruga para apoiar esta campaña son que "entre 2009 e 2013 a media da cantidade que aportan as persoas beneficiarias do sistema de dependencia polas axudas que reciben disparouse un 68% e por primeira vez, as persoas beneficiarias aportan máis ao sistema que a Administración".

Dende CERMI Galicia piden unha solución que lle vén demandada por cidadáns e cidadás prexudicados coa actual norma de copagamento. E esta solución pasa por unha aplicación máis xusta e realista da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia con criterios de copagamento claros e equitativos; que a vida dunha persoa non dependa de onde resida, e ninguén quede fóra do sistema por non dispoñer de recursos; a modificación legal que expón o CERMI é unha necesidade para non baleirar de dereitos unha Lei que costou moito esforzo conseguir.

Para CERMI, esta reivindicación que apoia non só a sociedade senón profesionais, persoas expertas e analistas, trata dereitos de todas e todos xa que ninguén queda exento da posibilidade de verse en situación de dependencia algunha vez, polo que, segundo Anxo Queiruga "facemos un chamamento a toda a cidadanía para que actúe e afiance os seus dereitos asinando Non ao copagamento confiscatorio".

Por último, a través desta campaña preténdese que toda a sociedade se comprometa coas persoas que peor están, non trata de conquistar novos dereitos, senón de non retroceder en dereitos xa adquiridos e trátase de cumprir a Constitución e que todas as persoas en situación de dependencia sexan consideradas iguais polo sistema á marxe do territorio no que naceran.

As persoas que estean interesadas en asinar a LIP, poden facelo contactando con calquera das entidades que forman parte do CERMI Galicia e tamén a través do enderezo electrónico https://www.mifirma.com/proposals/52

CERMI Galicia

O Comité de Entidades Representantes de persoas con Discapacidade de Galicia constitúese coma unha organización con vocación autonómica, sen ánimo de lucro e coa finalidade de participar plenamente na vida social da Comunidade Autónoma Galega, para defender os dereitos das persoas con discapacidade.

O CERMI Galicia comeza a súa andaina na nosa comunidade no ano 1999. Coa misión facer valer, dentro da circunscrición autónoma, a diversidade do colectivo que representa, e velar polo mantemento das melloras conseguidas, así como contribuír á xeneralización das realidades positivas logradas.

CERMI Galicia, que representa a 235.000 galegas e galegos con discapacidade, está formada por estas entidades:

COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade)

FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de Asociacións a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia)

FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia)

ONCE (Organización Nacional de Cegos de España en Galicia)

FEAFES GALICIA (Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia)

DOWN GALICIA (Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down)

AUTISMO GALICIA (Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo de Galicia)

FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral)

FAGAL (Federación de asociacións Galegas de enfermos de Alzheimer e outras Demencias)

ASPACE GALICIA (Federación Galega de Asociacións de Atención á Parálise Cerebral)

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones