Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

AS HORTAS URBANAS E OS GRUPOS DE MENOS DE 200 VECIÑOS, OS PROTAGONISTAS DOS PRIMEIROS EXEMPLOS DE TRATAMENTO DE LIXO PARA EXPORTAR A PONTEVEDRA

Esta forma de compostaxe comunal está a reducir en case un 20% o lixo que vai ao sistema de residuos habitual

Concelleiros do Rosal e da Guarda no centro da imaxe

Fecha: 08 de Septiembre de 2015

Fuente: depo.es

A expedición pontevedresa da Deputación coñeceu onte o sistema de tratamento de lixo que se está a realizar na localidade vasca de Larrabetzu cun grupo de 175 veciños e dous restaurantes e que é perfectamente aplicable a pequenos núcleos de poboación dentro de calquera concello da provincia de Pontevedra e incluso a hortas urbanas, como poden ser as de Conde Bugallal e Eduardo Pondal no municipio de Pontevedra.

Esta forma de compostaxe comunal está a reducir en case un 20% o lixo que vai ao sistema de residuos habitual (a incineración) e supón tanto un beneficio económico como ecolóxico para a Administración local. Os custes de poñer en marcha esta iniciativa reducíronse "a 32 euros de mercar os parafusos e as madeiras", segundo explicou o encargado da planta, Eduardo Cordero, "para que despois un agricultor se fixera cargo do mantemento e se beneficiase do uso do compost".

No caso de Pontevedra, tódolos concellos que quixeran poñer en marcha unha iniciativa similar poderían facelo de forma inmediata co soporte técnico da Deputación de Pontevedra, que se faría cargo de poñer a disposición o maestro composteiro e da súa formación e dotaría do estruturante para chegar ao compost final. Os beneficios notaríanse tanto nun aforro na recollida, no tratamento como na utilización do produto final por parte dos agricultores.

No caso de Larrabetzu, de feito, este sistema se aplica en paralelo á xestión que fai o concello vasco dentro da mancomunidade da que forma parte (que trata outras dúas terceiras partes do dos residuos orgánicos da vila). En breve, os composteiros pasarán a incorporar a fracción orgánica de outros 40 veciños, así como os do restaurante Azurmendi (de tres estrelas Michelin). O obxectivo é ir incorporando cada vez a máis poboación.

Por todos estes motivos, o sistema de Larrabetzu é perfectamente extrapolable á pequenos núcleos da provincia galega: pode ser un perfecto punto de partida para comezar a aforrar no recibo do lixo e para concienciar á poboación da súa necesaria implicación nos tratamentos biolóxicos do lixo.

Representantes dos 25 concellos que participaron na visita mostraron o seu interese por este tipo de planta de tratamento polo seu baixo custe, polo que a curto prazo poderían verse instalados composteiros comunais similares na provincia de Pontevedra.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones