Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As paisaxes do Camiño de Santiago, a golpe de vista no Salón de Exposicións do Rosal

O Concello acolle ata o 30 de setembro a mostra -Diálogos das micro e macro paisaxes do Camiño de Santiago por Galicia-

O Concello acolle ata o 30 de setembro a mostra -Diálogos das micro e macro paisaxes do Camiño de Santiago por Galicia-

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

Un paseo polas distintas paisaxes do Camiño de Santiago. Iso é do que poderá desfrutar o público que visite ata o vindeiro 30 de setembro o Salón de Exposición do Concello do Rosal, que estes días acolle a mostra ‘Diálogos das micro e macro paisaxes do Camiño de Santiago por Galicia’, unha iniciativa impulsada pola Asociación Galega de Cartografía (AGACES) cofinanciada polo Programa O Teu Xacobeo coa colaboración da Fundación Galicia Sustentable. A exposición estará aberta ao público de luns a venres de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 horas.

O proxecto, que chega ao Rosal na súa recta final, artéllase arredor de varias accións coas que se busca valorizar e dar a coñecer o patrimonio natural e cultural da contorna de cinco dos Camiños de Santiago: a Vía da Prata, o Camiño Primitivo, o Camiño Inglés, o Camiño Portugués pola Costa e Muxía-Fisterra.

Esta exposición itinerante, que remata no Rosal tras pasar por varios concellos polos que discorren os itinerarios xacobeos (Arzúa, Negreira, Lalín e Pontedeume), compila o material gráfico recollido durante a primeira fase do proxecto, no que se editaron vídeos e fotografías a vista de dron para dar esa visión de macro paisaxes ao tempo que se prestou atención ás texturas mediante imaxes de detalle nas que os obxectos amósanse tan grandes que se aprecian cousas que non se poderían ver a simple vista.

O proxecto completouse cunha publicación que permitirá o diálogo entre a gran e a pequena escala, entre paisaxe e micro paisaxe, enriquecida con textos elaborados en exclusiva por autores e autoras noveles de Galicia. Todo o contido multimedia multimedia poderá consultarse ademais de xeito sinxelo, interactivo e intuitivo nunha páxina web.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí