Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

As persoas maiores de Tomiño recomendan -traballo, educación e respecto- ás xeracións novas

A campaña foi pensada para difundila, sobre todo, nas redes sociais co obxectivo de promover a interrelación entre a mocidade e outros grupos de idade

A campaña foi pensada para difundila, sobre todo, nas redes sociais co obxectivo de promover a interrelación entre a mocidade e outros grupos de idade

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Mayo de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño quere por en valor a sabedoría dos seus maiores e promover na mocidade un cambio de actitude cara á mal chamada terceira idade. A oficina municipal da información xuvenil (OMIX) desenvolveu unha campaña coa participación das persoas usuarias de dous dos centros que hai na vila: "Centro Siempre Cuidándote" (parroquia de Sobrada) e Centro de Día (barrio da Rocha).

"Dende a OMIX de Tomiño, servizo dirixido á mocidade de 12 a 35 anos, queremos facilitar información positiva sobre a xente maior, favorecendo o seu protagonismo en actividades sociais e fomentando a relación interxeracional; queremos tamén conseguir mellorar a autoimaxe dos maiores, fomentar as súas relacións sociais e a súa calidade de vida, e incluso levar á mocidade a pensar sobre a súa propia vellez", explican desde a oficina, agradecendo especialmente a colaboración das educadoras sociais das entidades participantes.

A campaña foi pensada para difundila, sobre todo, nas redes sociais co obxectivo de promover a interrelación entre mocidade e persoas maiores institucionalizadas, cun nivel de deterioro leve ou moderado.

"Os nosos e as nosas maiores creceron nun mundo que é diferente ao noso, pero existen sentimentos esenciais e universais que permanecen. Por que non preguntarlles e escoitarlles, entón? As persoas anciás son unha gran fonte de coñecemento, baseada nas experiencias vividas. A mocidade que saiba aproveitar isto, accederá a unha chea de coñecementos", comentan os organizadores.

No proxecto participaron máis de 20 persoas maiores que escribiron frases dirixidas á mocidade, con recomendacións, suxestións e consellos para aproveitar máis e mellor a vida; estudar, coidarse e desfrutar.

"Que traballen moito e sexan educados e boas persoas", di Juana Vieira, 95 anos, na súa carta. Margarita Conde (84 anos), en cambio, recomenda "estudar para ter un futuro mellor e formar un fogar de respecto, traballo, saúde e bos modais".

Que sexan humildes, que aforren cartos e que se divirtan coa mascarilla, son outros dos sabios consellos que as avoas e avós de Tomiño fan chegar á mocidade. Luz (87anos) desexa aos mozos e mozas que "teñades unha persoa que vos coide cando sexades maiores".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí