Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As peticións sociais materialízanse no edificio da futura Biblioteca Municipal

O arquitecto Xavier Pousa e a responsable do estudo técnico, Susana Rodríguez, ensinaron á cidadanía o proxecto definitivo de construción, que terá un coste de 1,8 millóns de euros

O arquitecto Xavier Pousa e a responsable do estudo técnico, Susana Rodríguez, ensinaron á cidadanía o proxecto definitivo de construción, que terá un coste de 1,8 millóns de euros

Fecha: 18 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Será a "materialización física nun edificio das peticións sociais e das necesidades recollidas polo Concello". Así definiu o arquitecto Xavier Pousa o edificio da futura Biblioteca Municipal durante a presentación do proxecto definitivo tanto aos grupos de persoas que participaron de forma altruísta na definición do proxecto como á cidadanía en xeral.

Nun salón de plenos do Concello ateigado de público, Susana Rodríguez, a responsable do estudo, resumiu as necesidades detectadas pola poboación para o deseño e creación deste servizo municipal, que reclamaba unha biblioteca moderna, próxima, inclusiva, coeducadora, participativa, divertida ou dinamizadora, entre outras cousas. O propio arquitecto do proxecto, Xavier Pousa, debullou aos asistentes os pormenores da futura biblioteca, un edificio integrado na contorna "coa vocación de ser un dinamizador social e cultural da comarca" e a intención de "converterse nun polo de atracción local e comarcal".

En pleno núcleo urbano de Tomiño, o edificio contará con un total de cinco alturas divididas nun sótano, na planta baixa, primeira e segunda planta e baixocuberta. No soto instalarase o arquivo municipal, o fondo bibliográfico e distintas instalacións municipais. Na planta baixa estará situado o acceso á biblioteca, que tamén ocupará a primeira planta xunto co Espazo Memoria Tomiñesa. Esta primeira planta contará ademais cun xardín que sirva para dar máis luz e claridade ás instalacións ao tempo que oculta a medianeira.

Xa na segunda planta habilitaranse espazos para a Aula Cemit, para a Concellería de Cultura e para reunións. No último piso, baixocuberta, haberá espazos de usos múltiples e unha terraza exterior. A idea é dotar á biblioteca doutros servizos posibles como un observatorio astronómico ou un café libraría. A construción do edificio terá un custe de 1,8 millóns de euros, aos que haberá que sumarlle 275.000 euros para o equipamento previsto: 120 cadeiras, 8 sillóns, 8 postos de traballo, 7 mesas de estudo, 22 ordenadores, 5 proxectores multimedia, estantes, taquillas... entre outras necesidades.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltou a importancia de estar cumprindo os prazos dun proxecto fundamental para o desenvolvemento do municipio. Este proxecto definitivo é a culminación de ano e medio de traballo que arrancou cunha diagnose inicial no que se estudaron 50 bibliotecas e cunha consulta aberta á cidadanía na que participaron 309 persoas representando a 53 entidades, centros e asociacións, 30 colectivos e 6 ámbitos sociais
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones