Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As rúas de Tomiño acolleron o desfile infantil de entroido

Preto de 300 rapaces e rapazas percorreron o centro da vila disfrazados para celebrar a súa particular festa de entroido

Preto de 300 rapaces e rapazas percorreron o centro da vila disfrazados para celebrar a súa particular festa de entroido

Fecha: 10 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

As rúas de Tomiño enchéronse este venres pola mañá de cor coa celebración dun anticipado ‘Venres de foliada' a cargo dos e das estudantes de dous centros educativos de Tomiño. Arredor de 340 rapaces e rapazas do CEP Pedro Caselles Beltrán e do CRA Mestre Manuel Garcés percorreron as rúas da vila disfrazados para celebrar de xeito conxunto a súa particular festa de entroido.

Arredor de 130 alumnos e alumnas do CRA desfilaron disfrazados de lume, en todos vermellos, laranxas e amarelo, mentres que os 210 representantes do Pedro Caselles elixiron como temática dos seus disfraces a ciencia. Entre os rapaces e rapazas había experimentos, científicos tolos, disfrazados de Einstein... que encheron sobre todo de blanco as rúas do centro de Tomiño.

O desfile saía ás 10.45 do CEP Pedro Caselles para subir pola rúa Mosteiro ata o cruce coa rúa Gondomar e chegar a través da rúa Colón ata a Praza do Seixo. Alí, diante do concello tomiñés, os rapaces e rapazas fixeron unha foto de familia con todos os profesores e profesoras ante a atenta mirada de moitos familiares dos estudantes.

Tras a parada no Concello o desfile continuou de novo cara a rúa Gondomar e Mosteiro para rematar de volta no CEP Pedro Caselles, onde os nenos e nenas desfrutaron dunha merenda e recreo conxunto.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones