Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As valedoras de Cerveira e Tomiño, finalistas do premio de -Boa práctica en participación cidadá 2019-

Trátase dun novo recoñecemento ás políticas de impulso á participación pública, concedido polo Observatorio Internacional da Democracia Participativa

O proxecto resultou elixido como unha das 14 mellores prácticas de participación cidadá, xunto ás de cidades de Europa e América, como Grenoble e Bordeaux (Francia), Vitoria-Gasteiz (España), Medellín (Colombia), Kazan (Rusia) ou Córdoba (Arxentina).

Fecha: 10 de Julio de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

A figura das valedoras-provêdoras transfronteirizas da Eurocidade Cerveira-Tomiño, vén de ser seleccionada coma finalista do premio "Boa práctica en participación cidadá 2019", concedido polo Observatorio Internacional da Democracia Participativa.

O obxectivo desta distinción é recoñecer as experiencias innovadoras que os gobernos locais promoven no campo da democracia participativa. Adicionalmente, búscase dar visibilidade a estas prácticas, achegalas a outros gobernos locais e que poidan ser replicadas, así como favorecer o traballo en rede.

As propostas deben ter como obxectivo principal o fortalecemento comunitario, a ampliación dos dereitos da cidadanía relacionados coa participación política e a mellora da calidade das decisións públicas a través de mecanismos de democracia participativa.

Un xurado experto avaliará, a partir de agosto, as candidaturas finalistas para decidir o premio final que se entregará en México, en decembro de 2019, no marco da XIX Conferencia da OIDP.

O Observatorio Internacional da Democracia Participativa (OIDP) https://oidp.net/es, nacido en 2001, é unha rede de máis de 600 cidades do mundo, entidades, organizacións e centros de investigación que queren coñecer, intercambiar e aplicar experiencias sobre democracia participativa no ámbito local.

Menos fronteiras
Na candidatura, os responsables da Eurocidade Cerveira-Tomiño salientan, por exemplo, que "aínda que dentro da Unión Europea, as fronteiras físicas deixaron de existir, hai moitas fronteiras burocráticas que impiden unha cooperación eficaz entre os cidadáns locais...A existencia destas novas e pioneiras institucións transfronteirizas facilita o empoderamento cidadán, co obxectivo de construír eurocidadanía e zonas francas sociais e administrativas, con maior igualdade e mellor calidade de vida, de acordo ás prioridades definidas no marco europeo".

As valedoras da cidadanía transfronteiriza de Cerveira e Tomiño (María de Lurdes Guerreiro e Zara Pousa, respectivamente), teñen a función de garantir a defensa e o logro dos dereitos e intereses particulares dos residentes de Vila Nova de Cerveira (Portugal) e Tomiño (Galicia, España) como cidadáns transfronteirizos europeos. En 2018 presentaron un Informe de recomendacións para a eliminación das barreiras á mobilidade transfronteiriza infanto-xuvenil que propiciou un estudo da Comisión Europea sobre este problema, no marco da iniciativa "B-Solutions".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones