Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

As visitas para coñecer o patrimonio tomiñés continúan este mércores, cos petróglifos de Portaxes e Real Seco

O mércores 17 de agosto, terá lugar unha segunda parte das Noites do Monte Tetón, cunha visita aos petróglifos de Portaxes e Real Seco.

O programa -Tomiño Único- comezou hai case un mes, conseguindo un alto nivel de participación

Fecha: 17 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño segue a por en valor o rico patrimonio arqueolóxico e arquitectónico do municipio, dentro do programa de actividades, de balde e para toda a familia, Tomiño Único, organizado pola Concellería de Turismo e Patrimonio, que dirixe Fátima Rodríguez.

As actividades, centradas nos petróglifos e as fortalezas tomiñesas consisten nunha serie de roteiros e travesías en kayak que permite aos participantes descubrir os vestixios dun Tomiño doutra época. O programa, que comezou hai practicamente un mes, conseguiu espertar o interese de residentes e visitantes, rexistrando unha elevada cifra media de participación.

O mércores 17 de agosto, terá lugar unha segunda parte das Noites do Monte Tetón, cunha visita aos petróglifos de Portaxes e Real Seco. A saída está prevista ás 20.30 horas dende a Casa da Cultura. Guiará a ruta o investigador Xosé Lois Vilar, membro do Instituto de Estudos Miñoranos.

O Monte Tetón, un dos escenarios elixidos para o programa, situado na parroquia tomiñesa de Tebra, alberga un dos conxuntos de arte rupestre máis importantes de Europa. Os petróglifos de Portaxes e Real Seco ofrecen á persoa visitante un repertorio iconográfico de representacións circulares con gravados de 4000 anos de antigüidade e os máis grandes de Europa atopados até o momento.

O vindeiro mércores o programa ofrecerá a posibilidade de descubrir as fortalezas, neste caso, o Forte de Estás. Completarase a saída cun percorrido polos Muiños da Regueira e da Gandariña, e a Aula Abdón ALonso.

Os roteiros son de balde e teñen unha duración de 3 horas. Están dirixidos a todos os públicos e non é necesario inscribirse; basta con achegarse ao punto de encontro. Recoméndase levar calzado cómodo, roupa de abrigo e bebida.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones