Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ATA O 26 DE MARZO ABERTO O PRAZO DE PRE-INSCRICIÓN DE MATRÍCULA NA NOVA ESCOLA INFANTIL DE GOIÁN

Do 25 de febreiro ao 26 de marzo as familias interesadas poderán tramitar a pre-inscribición para nenos e nenas de ente 0 e 3 anos.

Co remate destas obras porase fin ao proxecto da nova escola infantil, abrindo as súas portas a á actividade educativa no mes de setembro.

Fecha: 21 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Este Xoves ábrese o prazo de pre-inscrición da nova escola infantil de Goián. Do 25 de febreiro ao 26 de marzo as familias interesadas poderán tramitar a pre-inscribición para nenos e nenas de ente 0 e 3 anos. A tramitación será a mesma para as escolas infantís do Seixo e para a de Goián.

A nova escola infantil de Goián, ubicada na antiga casa do médico, rematou as obras de reforma e ampliación do inmoble no pasado outono. Estes días están finalizando a actuación de urbanización do entorno e que suporá que a rúa Camiño Vello no seu tramo entre a escola infantil e a praza de abastos pasará a incorporarse aos espazo público xerando un amplo entorno de preferencia peonil.

Co remate destas obras porase fin ao proxecto da nova escola infantil, abrindo as súas portas a á actividade educativa no mes de setembro.

A nova escola infantil ven a completar a oferta educativa pública para os máis miúdos ampliando o número de familias que se beneficiarán deste servizo público.

A tramitación das pre-incricións farase na escola infantil do Seixo e é preciso aportar os documentos nacionais de identidade, libro de familia, certificado de empadroamento e declaración da renda familiar. As listaxes provisionais publicaranse o 3 de maio habilitando 10 días naturais para posibles reclamacións. As listaxes definitivas publicaranse o 30 de maio e o prazo de formalización de matricula poderá facerse do 1 ao 10 de xuño.

A Alcaldesa, Sandra González, mostrou a súa satisfacción pola pronta apertura da segunda escola infantil para Tomiño. Segundo González, "os veciños e veciñas de Tomiño terán acceso a un número importante de novas prazas públicas que revertirán na calidade e benestar das familias. Tomiño consolídase como un concello con calidade de benestar que pode desfrutar de equipamentos públicos como son dúas escolas infantís, un centro de día, un centro de discapacitados e con programacións educativas e de inclusión social".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones