Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

BANTA, BANCO DE TAPÓNS, PRESENTA VEHÍCULO PARA O DESPRAZAMENTO DE GRANDES CANTIDADES DE TAPÓNS

O vehículo foi cofinanciado polo Concello de Tomiño e a Fundación Obra Social La Caixa

Nesta campaña son precisos 36 toneladas de tapóns que se recollerán entre os máis 400 puntos distribuidos por toda Galicia e fora.

Fecha: 04 de Marzo de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

Banta, Banco de Tapóns, ven de presentar o novo vehículo para o desprazamento de grandes cantidades de tapóns. Foi na tarde de onte cando foi entregado polos financiadores do mesmo, o Concello de Tomiño e a Fundación Obra Social La Caixa a este colectivo de voluntarios e voluntarias que dende hai varios anos teñen axudado a máis de 21 nenos.

Nesta quinta tempada, Iria, Marta e Candela, serán as beneficiarias do esforzo e labor dos máis de 1.000 voluntarios e voluntarias activas que dentro e fora de Galicia se encarga da recollida de tapóns.

Nesta campaña son precisos 36 toneladas de tapóns que se recollerán entre os máis 400 puntos distribuidos por toda Galicia e fora.

Ademáis do Concello de Tomiño e da Fundación Obra Social La Caixa que financiaron integramente o vehículo, son varias as empresas colaboradoras do banco de tapóns. De destacar a constante colaboración de Pycflorga, Cayser e Suministros Hortícolas Bacelo.

Na tarde de onte, tanto o presidente de banta, Manuel Pardo, como o seu tesoureiro, Marcos Casaleiro, agradeceron " a colaboración de todos e de cada un dos voluntarios que de xeito desinteresado e sen horarios traballan para que nenos e nenas con necesidaes especiais poidan acceder a recursos que non cubre a seguridade social. Tamén agradecer as empresas colaboradoras e as institucións privadas e públicas como o Concello de Tomiño e a Fundación Obra Social La Caixa polo seu constante apoio".

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu o traballo de banta e do seu equipo " que ten traído sorriso a moitas familias. Animalos a que continúen co este proxecto tan fermoso e brindarlles a colaboración do Concello de Tomiño".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí