Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Campaña de control de uso adecuado de colectores de lixo no Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño, coa axuda dos axentes da Policía Local, ven desenvolvendo nas últimas semanas unha campaña de control de uso adecuado de colectores, por parte dos cidadáns.

O Concello de Tomiño, coa axuda dos axentes da Policía Local, ven desenvolvendo nas últimas semanas unha campaña de control de uso adecuado de colectores, por parte dos cidadáns.

Fecha: 21 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño, coa axuda dos axentes da Policía Local, ven desenvolvendo nas últimas semanas unha campaña de control de uso adecuado de colectores, por parte dos cidadáns.

Os axentes que realizan os informes destacan como incidencias máis salientables no Concello, o depósito indebido nos colectores verdes, ou no seu entorno, de restos de herba ou podas, ou de residuos de obra. Tamén é frecuente atopar restos orgánicos depositados sen bolsa, e nun número menor de casos, téñense atopado residuos de despezamentos cárnicos e rodas.

Por outra parte, nos colectores de envases, é frecuente atopar embalaxes de plástico de uso comercial. Finalmente, tamén é habitual atopar mobles e aveños fora dos días e horas oficiais de recollida.

Os casos máis graves, segundo os axentes, foron depósitos indebidos de uralita, xa que este material conta cun compoñente moi contaminante e prexudicial para a saúde, o amianto, o que fai que sexa preciso un xestor autorizado para a súa manipulación e eliminación. Os expedientes asociados a este tipo de incumprimentos da Ordenanza Municipal de Medio Ambiente e Limpeza Viaria, poden levar multas de entre 750 euros, para as infraccións leves, e 30.000 euros para as máis graves.

Segundo informa a concelleira de Medio Ambiente , María Xosé Vázquez, a maior parte das infraccións son inspeccionadas grazas ás notificacións de denuncias de persoas que se dirixen ás oficinas municipais directamente, ou mediante chamadas telefónicas, ou correos electrónicos, cando observan que se produce algún depósito inadecuado de residuos. "O traballo da Policía Local está sendo excelente e é imprescindible para atallar este tipo de delitos, que non esquezamos que repercute nos costes que todos e todas, pagamos para a recollida e tratamento do lixo. Neste sentido animamos a cidadanía a que colabore con nós e contacte a través de calquera medio para notificar este tipo de infraccións. A maior parte da poboación está claramente concienciada e segue as normas, pero non se poden permitir este tipo de comportamentos incívicos e insolidarios", comenta a responsable desta área municipal.

Por outra banda, o Concello vén de rematar a extracción e eliminación dos colectores soterrados da Praza da Mina, debido aos numerosos problemas que viñan ocasionando. A Concellaría de Medio Ambiente, instalará en breve, unha nova illa de colectores verdes e de recollida selectiva, coma os colocados xa en varias zonas do núcleo urbano.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones