Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carlos Font esixe a Cubela que se retracte e pida desculpas ante -acusacións infames que son dunha gravidade insoportable-

O deputado provincial é tallante ao asegurar que cando fala das bases do ReacPon o voceiro do grupo popular -minte cun descaro que non se pode consentir, basta xa-

O deputado provincial é tallante ao asegurar que cando fala das bases do ReacPon o voceiro do grupo popular -minte cun descaro que non se pode consentir, basta xa-

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Junio de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

“A Jorge Cubela só lle cabe retractarse publicamente das súas palabras e pedir desculpas, ou presentar as probas das infames acusacións que fixo e que son dunha gravidade insoportable”. Así se manifestou esta tarde o deputado Carlos Font tras as declaracións do voceiro do grupo provincial do Partido Popular en referencia ás bases e criterios do Plan ReacPon, o programa de investimento público máis ambicioso da historia da Deputación que suporá unha inversión de 20 millóns de euros nos concellos da provincia.

 

O portavoz socialista do goberno manifestou a súa indignación co grupo popular. “Menten cun descaro que non se pode consentir, non todo vale, basta xa -dixo Font-. Ninguén podía coñecer as bases do Plan con anterioridade ata que se aprobaron no pleno porque non estaban feitas e Cubela o sabe”. O deputado foi máis aló e lembrou que xa a principios de ano, como quedou demostrado, o goberno provincial informou en convocatoria de reunión pública con todos concellos da provincia a que foran preparando proxectos maduros cara aos fondos europeos. “De feito, recordou, hai exemplos claros de concellos do PP que teñen os deberes feitos e xa expresaron publicamente que proxectos queren presentar ao ReacPon. ¿Tamén estaban avisados?”.

 

Carlos Font mostrou tamén o seu enfado “porque por enriba no grupo popular non teñen nin pudor. ¿De verdade que non lles da vergoña falar de falsas tácticas partidarias desde un partido que goberna a Xunta onde se fan convocatorias a medida e se conceden subvencións a dedo unicamente aos concellos onde gobernan?” preguntou. O deputado instou por elo ao presidente do PP na provincia e vicepresidente galego Alfonso Rueda a “cesar con este modelo político arribista e de cloaca, que xa practicaron co bipartito, e que o fagan con esta Deputación que é un exemplo de criterios obxectivos e referente en transparencia”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí