Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

CARMELA SILVA ANUNCIA UN NOVO PLAN DE EMPREGO DOTADO DE MÁIS DE CINCO MILLÓNS DE EUROS

A Deputación vai renovar a trece bolseiros de turismo para manter os postos de información en varios concellos

A Deputación vai renovar a trece bolseiros de turismo para manter os postos de información en varios concellos

Fecha: 12 de Septiembre de 2015

Fuente: depo.es

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou a incorporación de máis de cinco millóns de euros de remanentes de tesourería para poñer en marcha un novo plan de emprego para os concellos da provincia, así como para incrementar outras partidas de gasto en diversos servizos como os de tecnoloxía, seguridade ou o de Igualdade de nova creación.

Silva sinalou que pretende seguir garantindo o traballo de persoal cualificado nos concellos ante as dificultades que teñen estas institucións para a contratación de novo persoal. A presidenta subliñou que o máis importante é que este novo plan de emprego pretende garantir unhas mellores condicións económicas para os traballadores. "Queremos que o próximo pleno de fin de setembro poda aprobar a incorporación destes remanentes e a posta en marcha do plan pero tamén estamos a traballar na modificación das bases de xeito que estes traballadores podan cobrar salarios dignos e teñan unha xornada normal", afirmou Silva.

No que vai de ano estivéronse desenvolvendo 198 bolsas de práctica laboral na Deputación e nos concellos da provincia de Pontevedra. Moitos destes bolseiros renunciaron por conseguir traballo durante o período de prácticas e a maioría finaliza o seu traballo neste ano.

Comprobado o resultado positivo destas bolsas e a demanda crecente de persoal con diferente especialización que solicitan os concellos decidiuse volver a convocar unhas bolsas que atenda aos obxectivos de eficacia e axilidade dos concellos e a demanda de emprego dos profesionais que non poden acceder con facilidade as tarefas municipais.

Por outra parte, a Presidenta da Deputación tamén informou dos asuntos abordados na Xunta de Goberno de hoxe na que se decidiu ampliar o prazo de 13 bolseiros coas titulacións de turismo por un prazo de seis meses ante a conclusión do actual programa que remata nestas datas.

Deste xeito se garante que os puntos de información turística do Aeroporto de Peinador e dos concellos de Bueu, Poio, Cambados, Baiona, Tui e Pontevedra, entre outros, manteñan a súa actividade durante outros seis meses. Esta prórroga dos bolseiros foi solicitada polos propios titores designados polos concellos.

Por último, Carmela Silva tamén destacou a concesión de 1,3 millóns de euros por parte do Ministerio de Educación para poñer en marcha o programa "PracticumDepo 2015" que está orientado a completar a formación dos mozos e mozas, a mellorar o seu dominio dos idiomas e a ampliar as súas posibilidades de inserción laboral.

En concreto se trata de que os recen titulados en FP podan realizar prácticas en empresas no estranxeiro. Nesta primeira fase 46 escolares partirán a Irlanda e Italia para traballar en empresas da súa rama formativa.


Os alumnos e alumnas que participarán neste proxecto corresponden a centros educativos de Vigo, Pontevedra, Ponteareas, Vila de Cruces, Silleda, Salvaterra de Miño, Tomiño, Marín Sanxenxo e Moaña.


Os centros de FP que participan no programa PracticumDepo 2015 son: Seis centros de Vigo (IES A Guía, Ricardo Mella, Centro de Artes Plásticas e Deseño Atlántico, Chapela, Politécnico e Centro de Formación Divino Maestro).


Tres centros de Pontevedra (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, IES A Xunqueira I e IES Montecelo).


Un centro de cada un dos seguintes concellos: Ponteareas (A Granxa), Vila de Cruces (IES Marco do Camballón), Silleda (IES Pintor Colmeiro), Salvaterra de Miño (IES Salvaterra de Miño), Cambados (IES Francisco Asorey), Tomiño (IES de Tomiño), Marín (IES Chan do Monte), En concreto Sanxenxo (IES de Vilalonga) e Moaña (IES A Paralaia).
As becas para estes estudantes son entre 7.000 e 9.000 euros por persoa dependendo de lugar escollido e de 275 euros para o viaxe.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí