Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Carmela Silva aplaude o consenso e a unanimidade na constitución oficial da mesa do turismo da provincia

A Presidenta da Deputación de Pontevedra anuncia a participación do sector privado nas próximas citas de promoción turística da institución provincial en Barcelona e Lisboa

A Presidenta da Deputación de Pontevedra anuncia a participación do sector privado nas próximas citas de promoción turística da institución provincial en Barcelona e Lisboa

Fecha: 07 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aplaudiu hoxe o consenso e a unanimidade acadada entre todos los membros da mesa provincial do turismo na súa primeira xuntanza oficial de constitución. Silva presidiu a xuntanza extraordinaria da mesa de turismo, que se constituíu de forma oficial nesta mesa xuntanza, e na que se aprobaron o seu regulamento de funcionamento e as alegacións presentadas ao mesmo, dun xeito unánime por todos os seus integrantes.

A mesa provincial de turismo foi creada ao amparo do Plan Estratéxico de Turismo que fixou as liñas mestras da actuación da Deputación neste sector e está conformada polo Clúster de Turismo de Galicia, Federación Provincial de Hostaleira; Turismo de Galicia (Xunta de Galicia), aeroporto de Vigo, GDR Pontevedra Norte, GAL Ría de Arousa, GDR Baixo Miño, Ruta do Viño Rías Baixas, os centros de ensino Manuel Antonio e Carlos Oroza, e os concellos de Vigo, Pontevedra, Baiona e A Guarda.

Carmela Silva subliñou que só se presentaron tres alegacións ao regulamento de funcionamento. Unha delas para a participación do Porto de Vigo e foi aprobado, por unanimidade, que sexa invitado cada vez que vaian abordarse aspectos de turismo náutico; outra para a participación da asociación de hostaleiros de Pontevedra, que considerouse que e participará na mesa; en terceiro, lugar existía a demanda dos concellos do interior de participar tamén na promoción. A este respecto Silva subliñou "que aprobouse sumar á promoción ademais do habitual ‘Rías Baixas', unha marca consolidada no tempo e moi coñecida, a de `Pontevedra Provincia', que abarca máis que o contido tradicional da marca de Rías Baixas".

Posteriormente a Presidenta da Deputación presentou un informe sobre as actuacións que está levando a institución provincial na promoción e difusión, como foron as distintas presentacións do destino a nivel nacional e internacional. Amais Silva informou os presentes sobre as dúas iniciativas vinculadas a comercialización e a promoción on-line, dentro do proxecto "Turis-Tic", para o uso das novas tecnoloxías no sector turístico.

Por outra parte, a directora do aeroporto de Vigo, Ana Molés, incidiu na necesidade de promoción da provincia nos destinos cos que existen conexións aéreas, aspecto no que coincidiu a Presidenta ao destacar que "é unha vantaxe competitiva contar con rutas de avión fronte a outros territorios que non contan con esta posibilidade de atraer turistas". Tamén a mesa aceptou a proposta do Clúster de Turismo de acompañar a promoción en destino que fai a Deputación coa participación do propio sector privado mediante a celebración de "workshops". Silva xa anunciou que as promocións en Barcelona e Lisboa, que son as dúas próximas citas da institución provincial para a presentación do destino, participe xa o sector privado.

Por último, Carmela Silva subliñou que a próxima mesa do camiño convocada para o próximo día 14 se volva a incidir na necesidade de promocionar e sinalizar as distintas rutas do camiño de Santiago o seu paso pola provincia de Pontevedra "sumando sinerxias entre todos".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí