Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CARMELA SILVA APOSTA POLA COLABORACIÓN PÚBLICOPRIVADA PARA FIXAR O OBXECTIVO DO TURISMO A LONGO PRAZO COMO DINAMIZADOR DA PROVINCIA

Presidenta da Deputación firmou hoxe un convenio de colaboración co Clúster de Turismo de Galicia

Son 24.829 visitantes máis que no mesmo periodo de 2014.

Fecha: 03 de Septiembre de 2015

Fuente: depo.es

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aposta pola colaboración público-privada para establecer un plan a longo prazo e fixar o turismo como un sector dinamizador da economía da provincia. Así o manifestou tras a firma dun convenio de colaboración co Clúster de Turismo de Galicia para a celebración dunhas xornadas técnicas para o sector a finais de ano.

Silva sinalou que dende a institución provincial vense traballando para poñer en valor a riqueza da provincia de Pontevedra nas súas múltiples vertentes: natureza, cultura, patrimonio, gastronomía, enoloxía ou o termalismo "co obxectivo final de potenciar ás Rías Baixas como destino turístico de excelencia e acadar, cada ano, maior número de visitantes", sinalou a Presidenta.

Ao mesmo tempo Carmela Silva adiantou os primeiros datos de visitas turísticas na nosa provincia nestes meses pasados. Así destacou que polas oficinas de turismo da provincia pasaron dende o 1 de xuño ate o 31 de decembro máis de 137.000 persoas o que significa máis do 12% de incremento con respecto aos datos de 2014. 
 
Dende o 1 de xuño ata o 31 de agosto de 2015 as oficinas de turismo da
provincia de Pontevedra recibiron 137.339 visitantes (15.422 visitantes máis que durante o mesmo período de 2014).

O 51,52€ homes e o 48,48% mulleres de entre 35 e 60 anos (47,17%)
procedentes de España pero de fóra da nosa comunidade autónoma (75,07%).

O 74,03% dos visitantes non coñecía a provincia de Pontevedra, alóxanse en hoteis (41,84%) durante 7 días e chegan ata as Rías Baixas en coche (70,15%).

Os principais motivos que os levan a visitar as Rías Baixas son a natureza (44,77%) e a cultura (34,66%).

No mes de agosto as oficinas da provincia de Pontevedra recibiron 5.571
visitantes máis que durante o mesmo mes de 2014. Pasamos dos 58.866
turistas en agosto de 2014 a 64.437 persoas que durante agosto de 2015 chegaron ata as Rías Baixas e visitaron os centros de atención ó turista distribuídos pola provincia de Pontevedra.

Datos a todo o verán: dende o 1 de xuño ata o 31 de agosto as oficinas de turismo da Deputación recibiron a visita de 35.818 persoas. Son 24.829 visitantes máis que no mesmo periodo de 2014. Entón foron 10.989.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones