Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CARMELA SILVA APOSTA PORQUE A PRÓXIMA EDICIÓN DE ?CULTURGAL- TAMÉN SE CELEBRE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

A Presidenta da Deputación destacou, na inauguración da feira, o consenso de todas as institucións para poñer en valor a potencialidade da cultura galega

A Presidenta da Deputación destacou, na inauguración da feira, o consenso de todas as institucións para poñer en valor a potencialidade da cultura galega

Fecha: 05 de Diciembre de 2015

Fuente: Deputación de Pontevedra

Na súa intervención, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, expresou a súa satisfacción polos obxectivos conseguidos nesta oitava edición da feira. "Culturgal é moitas cousas, unha aposta clara pola nosa identidade, pola cultura galega e así poder visualizar a súa enorme potencialidade. Pero é máis. A cultura, ademais de ser o mellor que temos, o que nos fai máis felices, o que permite que desenvolvamos a nosa creatividade e a nosa imaxinación, tamén ten unha enorme capacidade para crear riqueza e emprego. E todo iso está presente aquí", subliñou.

Silva valorou o esforzo que todas as administracións fixeron para que a feira sexa un éxito e felicitou expresamente ao deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, porque por primeira vez os concellos da provincia teñen moita presenza. Aínda así, a presidenta da Deputación expresou o seu desexo de que aínda sexa maior. "Culturgal debe de ser de todas as institucións. Temos que ser capaces de que o conxunto dos 62 concellos da provincia comprométase para que se poida visualizar a enorme capacidade cultural que cada un deles ten", destacou.

A Presidenta provincial finalizou a súa intervención co desexo de que a próxima edición non salga de Pontevedra. "Aposto porque a novena Culturgal fágase tamén na provincia e estou segura de que será así. Esta neniña naceu aquí e queremos que cumpra aquí a súa maioría de idade", dixo Carmela Silva, que convidou a pontevedresas e pontevedreses a que visiten a mostra "porque, de verdade, merece a pena"

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PROMOVIDAS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NO CULTURGAL 2015

PRESENTACIÓN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
VENRES 4
• Programa Foro do Culturgal ás 19:00h. Presentación da unidade didáctica 'A nenez galega a través dos anteollos de Castelao' . Contará coa presenza do deputado de Cultura, Xosé Leal, e dos autores, Diana Vilas e Óscar Rodríguez.
CALENDARIO DE PRESENTACIÓNS DE ACTIVIDADES DOS CONCELLOS
VENRES 4
• Campo Lameiro. Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre. Espazo Foro. 19:45h. Unha viaxe no tempo a través da súa paisaxe prehistórica e das misteriosas imaxes gravadas na pedra, que desafiantes, nos fan vivir unha experiencia única. Con César Abella e José Manuel Rey, xerente de director do Parque respectivamente.
SÁBADO 5
• Portas. Difusión Domingo Fontán. Espazo Foro. 11:30. O concello de Portas difunde a figura de Domingo Fontán, matemático, político e topógrafo, así como os actos vinculados a este persoeiro. Co relator José Braulio Mondragón.
• Moaña. Circuítos Teatrais. Espazo Libro. Hora: 11:45h. Coa participación do actor e director Celso Parada.
• A Lama. Revista Cultural A Predreira. Espazo Libro. 12:15h. Con Cristina Villaverde Ruibla, coordinadora do proxecto, e Patricia Domínguez Rodríguez.
• Covelo. Ciclo Música Relixiosa.Espazo Foro. 13:00h. Ademais de presentar este ciclo, un avance do que será a vindeira edición dun festival que ten lugar nun espazo extraordinario. Con Nieves García-Soto, directora artística, e o párroco Rafael Antela.
• Bueu. Festival Internacional de Curtas. Espazo Foro. 20:00h. Un achegamento a este festival coa proxección da curta gañadora en 2015: Unary, dirixida por Luis Avilés e protagonizada por Morris. Con Manuel Pena, director do festival.
• Salceda de Caselas. Concerto Batemento. Espazo Carpa. 20:30h. Fusión de música tradicional e tecnoloxía. Músicas do mundo con Cristian Vázquez, Aitor Domínguez e Afonso Valdomero.
DOMINGO 6
• Moaña. Festival Intercéltico. Espazo Carpa. 11:15h. Con música, así se presenta o festival. A cargo dos músicos de Moaña, raíz e folk. Con Cavier Blanco, Anxo Lorenzo, Iván Costa e Salvador Meira.
• Oia. Proxecto Costa dos Castros. Espazo Foro. 11:30h. A unión de varios entes do concello de Oia para poñer en común distintas iniciativas que se estaban levando a cabo por separado. O obxectivo principal é a dinamización turística da contorna. Coa participación da alcaldesa Cristina Correa e o coordinador do proxecto Xosé Gago.
• Cambados. Xornadas Manolo Paz. Espazo Foro. 13:00h. Presentación da proxección educativa, artística e turística da fundación dedicada ao escultor, que estará presente no acto xunto ao técnico de cultura José Luis Vaamonde.
• Catoira. Proxecto 'Segue os vikingos. Follow the Vikings'. Espazo Foro. 13:30h. O concello de Catoira, xunto con outras 14 entidades de países europeos, está desenvolvendo un programa de catro anos de duración, orientado a difundir e poñer en valor o patrimonio e o legado viquingo. Coa técnica Elisa Castaño e a redactora do proxecto do Centro de Interpretación Torres do Oeste, Andrea Serodio.
• Cuntis. Castro de Castrolandín e Lacón con Grelos.Espazo Foro. 14:00h. Preséntase a feira gastronómica do Lacón con grelos, declarada de interese turístico desde 2010 e o xacemento castrexo de referencia de Castro de Castrolandín. Co concelleiro de Cultura José Enrique Portela.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones