Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmela Silva cualifica os datos da EPA de preocupantes polo crecemento do número de desempregados

A Presidenta da Deputación subliña o aumento dos fogares con todos os seus membros no desemprego que creceron nun trimestre en 6.900 chegando a case 1,4 millóns

A Presidenta da Deputación subliña o aumento dos fogares con todos os seus membros no desemprego que creceron nun trimestre en 6.900 chegando a case 1,4 millóns

Fecha: 28 de Abril de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, cualificou hoxe de preocupantes os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre de 2017 onde o número de desempregados creceu en máis de catrocentas mil persoas en todo o país.

Especialmente alarmante, segundo Silva, é a situación da provincia de Pontevedra, onde a pesar de ter unha taxa de actividade medio punto por riba da media galega a taxa de desemprego é a máis alta das catro provincias galegas, estando tamén por riba da media nacional e achegándose ao 19,63 por cento.

Segundo a EPA son 85.500 persoas da provincia están en situación de desemprego o que para a Presidenta da Deputación é "unha mala noticia e esixe das administracións que poñamos todo da nosa parte para corrixir esta situación con todas as nosas posibilidades e esforzos, sobre todo, fago unha chamada a Rajoy e Feijoo, que teñen as competencias, para duplicar a súa labor cara a reducir estas cifras e non caer na autocomplacencia".

Nembergantes un dos datos máis importantes que reflexa a EPA a xuízo de Carmela Silva é a situación dos fogares nos país con todos os seus membros en desemprego. Os datos da EPA reflexan que 1.394.700 fogares de todo o país teñen a todos os seus membros en paro, cun incremento de 6.900 fogares sumados nestes tres primeiros meses do ano. "Cando vemos que as prestacións por desemprego caen mes a mes é moi preocupante e dramático que case que 1,4 millóns de fogares teñan a todos os membros das listas do desemprego e que enquisa tras enquisa a cifra segue a aumentar", subliñou Silva.

Para a Presidenta da Deputación á temporalidade da contratación, que se achega neste trimestre case o 26 por cento, e as altas cifras de desemprego feminino son os outros aspectos máis inquietantes que arroxa a nova EPA deste trimestre.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones