Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmela Silva demanda unha urxente actuación do goberno e da Xunta ante os datos do desemprego en Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra expresou a súa preocupación porque os datos da provincia superan en case tres puntos a media nacional

A Presidenta da Deputación de Pontevedra expresou a súa preocupación porque os datos da provincia superan en case tres puntos a media nacional

Fecha: 04 de Octubre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, demandou hoxe unha actuación urxente do goberno do estado español e da Xunta de Galicia ante as cifras de crecemento do desemprego na provincia de Pontevedra e na comunidade autónoma.

"Os datos do desemprego do mes de setembro seguen a dicir que é certo que a nivel macro económico hai maior actividade pero tamén que esta actividade non crea emprego de calidade, senón todo o contrario, emprego precario e a tempo parcial. A nosa provincia non pode soportar máis esta situación. Teñen que poñer recursos tanto o goberno como a Xunta de Galicia para potenciar a actividade na nosa comunidade e no conxunto do estado porque esta situación empeza a ser insoportable", subliñou a Presidenta.

Carmela Silva recordou que mentres as cifras en Galicia duplican a media de crecemento do desemprego do estado español, en Pontevedra este porcentaxe se dispara ate o 3,36 por cento, o que demostra "o que vimos denunciando dende a Deputación de Pontevedra que só creamos emprego nos meses onde hai turismo, polo tanto moi ligado os servizos e conxuntural con maioría de contratos temporais" polo que é necesario crear "un proxecto potente de promoción da actividade económica ligada á industria e a innovación e non a sectores que crean emprego parcial, temporal e conxuntural nuns meses do ano", conclúe Silva.

A Presidenta subliñou que tamén e necesario "poñer en marcha proxectos públicos de creación de emprego de calidade onde as mulleres e os mozos e mozas sexan os protagonistas xunto os parados de longa duración. O Partido Popular tense que poñer as pilas, tanto a nivel do estado como en Galicia".

Por último, Silva chamou a atención sobre os datos que reflexan que o emprego que se crea é de baixa calidade pola ampla temporalidade "que impide desenvolver un proxecto de vida" e que, sobre todo, o rostro desta "nova pobreza" ten nome de muller porque seguen a ser o maior número de desempregadas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones