Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CARMELA SILVA DESTACA A POSTA EN MARCHA DO SERVIZO DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A Presidenta informou da ampliación das axudas aos concellos para manter o programa de axuda no fogar

A Presidenta informou da ampliación das axudas aos concellos para manter o programa de axuda no fogar

Fecha: 03 de Octubre de 2015

Fuente: depo.es

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva compareceu hoxe tras a xunta de goberno para informar dos asuntos tratados entre os que destacou a posta en marcha do novo servizo de emprego da institución provincial.

A Presidenta asegurou que para todo o goberno provincial o principal obxectivo é o emprego "e máis hoxe que conocemos os malos datos do desemprego a nivel nacional e a nivel da provincia". Así destacou que o novo servizo de emprego, composto por 14 funcionarios que antes estaban dispersos, agora serán os encargados de desenvolver a política da institución.

Neste momento, segundo informou a Presidenta, están en marcha o proxecto "Depoemprega", que con 110 persoas, ten a pretensión de lograr a inserción no mundo laboral de cincuenta persoas.

Ao mesmo tempo estamos a desenvolver un obradoiro de emprego para 15 persoas no Príncipe Felipe sobre atención sociosanitaria dirixido ao coidado de maiores. Son 370 horas de formación teórico-práctica e os seus participantes reciben un contrato de formación equivalente ao salario mínimo interprofesional.

Igualmente estamos a desenvolver ate finais de ano tres accións formativas para desempregados no Príncipe Felipe. Un curso con 15 alumnos de mecanizados de madeira. Un curso con 8 alumnos sobre promoción turística local e información. E, por último, outro curso con 15 alumnos de animación físico-deportiva.

Para rematar cos aspectos de emprego, Carmela Silva, subliñou que o programa "Prácticum" polo que alumnos de Formación Profesional poderán facer prácticas en empresas do estranxeiro e que a metade deste mes de outubro sairán para os seus destinos en Italia e Reino Unido. De feito, Silva sinalou que a próxima semana manterá un encontro cos 42 rapaces e rapazas que partirán para o estranxeiro nesta primeira parte do programa.

Por último, a Presidenta da Deputación informou que a xunta de goberno aprobou unha convocatoria extraordinaria ao Plan de cofinanciación cos concellos dos servizos sociais comunitarios para a subvención do servizo de axuda no fogar nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

Dótase de outros 125.000 euros esta partida para que os concellos podan pedir novas axudas para manter o persoal que está a ofrecer estes servizos nos 53 concellos da provincia ou material.

Tamén a Xunta de Goberno aprobou axudas do plan de actividades culturais para asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolven diversas actuacións en concellos de toda a provincia. En total se aprobaron 260 subvencións por un importe de case que 280.000 euros. Estas axudas contemplan dende intercambios culturais, festivais, exposicións, etc.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones