Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmela Silva destaca o modelo de transparencia da Deputación na semana da administración aberta da FEMP -é un eixo transversal a todas as nosas políticas-

A institución provincial incrementou en máis de 30 puntos a súa posición en transparencia pasando do posto 30 a estar entre as 5 primeiras deputacións de todo o estado

A institución provincial incrementou en máis de 30 puntos a súa posición en transparencia pasando do posto 30 a estar entre as 5 primeiras deputacións de todo o estado

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Mayo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

“Desde que chegamos á Deputación de Pontevedra entendemos a transparencia como unha política transversal a todas as nosas accións e dende aquela a nosa evolución foi constante con ducias de iniciativas que agora mesmo nos sitúan como unha administración do século XXI e unha das máis transparentes do Estado”. Desta forma, a presidenta provincial Carmela Silva detallou hoxe en Madrid, no marco da Semana da Administración Aberta organizada pola FEMP, todas as iniciativas que en materia de bo goberno e transparencia ven adoptando a Deputación ata converterse actualmente  nun referente dos entes locais. De feito, apuntou que no último ano a institución incrementou en máis de 30 puntos porcentuais o seu nivel de cumprimento en materia de transparencia, pasando da posición 30 á quinta entre as deputacións de todo o estado. Na actualidade cómprense un total de 154 indicadores, o que supón o 81,4% do total.

Carmela Silva deu a coñecer todas as accións de boas prácticas que se están a levar a cabo, deixando tamén claro que “non podemos desligar a transparencia da participación e do bo goberno, todo ten que ir unido porque de nada vale ser número 1 en transparencia e non selo en equidade e en criterios obxectivos. Este puzzle de tres elementos: administración do século XXI, participación e transparencia farán que a política recupere o prestixio que é fundamental para recuperar a confianza da cidadanía”. Recordou que desde o “minuto 1” da chegada ao Goberno o obxectivo foi “xerar afección cara a política e as institucións públicas”, polo que unha das primeiras accións foi a de eliminar os fondos de libre disposición presidencial, así como a supresión da concesión de subvencións “a dedo”, algo “impropio de calquera administración”. Desde a aprobación no 2016 da Ordenanza de Subvencións, “todas as axudas e subvencións que a institución aporta a colectivos e entidades locais réxense sempre por esta ordenanza” e os recursos asígnanse segundo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia e igualdade. Nesta liña de acción sitúanse así mesmo todos os plans provinciais que a Deputación desenvolve cos concellos e os seus plans estratéxicos específicos que se deseñan “da man da sociedade”.

Despois de subliñar a aposta inequívoca por implementar a administración electrónica na Deputación e nos concellos da provincia, a presidenta fixo un amplo repaso pola acción de apertura desenvolvida polo Goberno, facendo especial fincapé na Ordenanza de Transparencia e Acceso á Información Pública aprobada pola institución no 2019 _que tiña como fin completar o marco normativo existente e regular o acceso á información na Deputación_, así como ao impulso dado á apertura de datos para a súa posterior reutilización  co obxecto de xerar “servizos e funcionalidades novas que proporcionen información de alto valor á sociedade”. Consecuencia da citada ordenanza foi a reorganización da información que ofrece á cidadanía a institución “para que sexa máis intuitiva e de fácil acceso por parte das persoas interesadas”. Máis polo miúdo, creouse un punto de acceso electrónico á información pública, estruturado en nove áreas entre as que figuran a institucional, económica e financeira, mobilidade e medio ambiente ou a xurídica e patrimonial. “A evolución –sinalou Carmela Silva- desde a primeira avaliación realizada foi notable, xa que desde a nosa chegada á administración conseguimos practicamente duplicar o nivel de cumprimento actual”.

Outras accións postas en marcha foron a habilitación dun procedemento normalizado para a solicitude de acceso á información pública para toda a Deputación, dispoñible na súa sede electrónica, que permitiu que só no 2020 se tramitaran máis de 100 peticións de acceso, así como a creación dunha Unidade Responsable de Transparencia, para garantir o cumprimento dos obxectivos marcado. Doutra banda, no que atinxe ao fomento da reutilización da información, Carmela Silva incidiu en que a Deputación publicou xa 28 conxuntos de datos reutilizables sobre as infraestruturas provinciais nos portais estatais e europeo de datos abertos. Amais, pasouse de publicar información en formato PDF á formatos reutilizables como CSV ou XML “para permitir calquera uso dos mesmos”. E destacou a creación do xeoportal IDEPo, que ofrece ás e aos usuarios o acceso a unha serie de recursos e servizos baseados na información xeográfica. 

Así mesmo, a presidenta provincial destacou que o traballo no eido da transparencia implica tamén unha ampla colaboración coas entidades locais e con institucións da provincia “para facer copartícipe á sociedade de todas as nosas accións e que nos axudaran a deseñar o futuro do territorio. Así, toda esa intelixencia e o talento do conxunto da sociedade forma parte da toma de decisións”. Deste xeito, recordou a apertura á cidadanía das sedes de Vigo e Pontevedra, “nas que poden desenvolver as súas actividades”, e citou a colaboración coa Universidade de Vigo, o CSIC, a EOI, os colexios profesionais, academias, clusters, fundacións, cooperativas agrícolas e gandeiras, produtoras musicais ou plataformas para a visibilización do talento feminino. “En definitiva, trátase de que a sociedade entre de cheo nas administracións, nunha relación bilateral e verdadeira”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí