Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CARMELA SILVA DESTACA O PROXECTO ?SMARTPEME- COMO UN IMPULSO Á INICIATIVA ECONÓMICA DA PROVINCIA

Neste mes de maio temos previsto 30 obradoiros de formación nos seis centros cunha alta inscrición de participantes

Neste mes de maio temos previsto 30 obradoiros de formación nos seis centros cunha alta inscrición de participantes

Fecha: 14 de Mayo de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou hoxe na rolda de prensa para dar contar dos asuntos da Xunta de Goberno que o proxecto "SmartPeme" pretende lograr un impulso á iniciativa económica da provincia.

Na Xunta de Goberno aprobouse a adxudicación do proxecto a "KPMG Asesores", que desenvolverá a nova iniciativa que ven de substituír ao "CPAE 2.0" que funcionaba ate de agora.

Silva sinalou que " o proxecto de "SmartPeme" pretende ser moito máis ambicioso que o CPAE 2.0 ofertando aos emprendedores, autónomos e as Pemes da provincia de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e tutorización no ámbito das TIC,s. Todo elo sempre da man dos propios implicados e a colaboración das asociacións de empresarios e de xóvenes autónomos".

O novo enfoque do proxecto "SmartPeme" e darlle unha orientación ate as necesidades reais das Pemes da provincia e tamén dos propios concellos. De feito serán tres packs. Un para os concellos "SmartPeme Concellos"; outro para emprendedores "SmartPeme Emprendedores" e outro pack de colaboración coas asociacións e entidades. Cada un de eles cos seus obxectivos de formación e asesoramento específico nas distintas ferramentas tecnolóxicas a cada sector.

Todo elo dende o marco de colaboración, como xa se fixo dende a Nova Deputación cos últimos meses de vixencia do CPAE 2.0, coas asociacións de empresarios, cámaras de comercio e outros axentes sociais. Nestes últimos seis meses, e dentro da nova política na Deputación, as accións formativas desenvolvidas polo CPAE 2.0 triplicaron o número de participantes ate os máis de 500 intervintes. Neste mes de maio temos previsto 30 obradoiros de formación nos seis centros cunha alta inscrición de participantes. Así tamén se mantiveron contactos con 532 empresas, nos últimos meses, que manifestaron o seu interese no proxecto e foron atendidas 575 consultas de 426 empresas.

A Presidenta recordou que os seis centros de asesoramento e formación do "SmartPeme" situados en Ponteareas, no concello de O Porriño, en Exposalnés en Cambados, en Lalín, no Pazo Provincial e na sede da Deputación en Vigo, contarán cun técnico que poderá asesorar en materia concreta de cada sector no que se especialice en cada territorio. "Deste xeito crearanse sinerxías entre todos os centros para que cada demanda de información poda ser atendida dende calquera lugar polo mellor asesor na materia", destacou Silva.

"KPMG Asesores" presentou unha oferta que permite un aforro entorno aos 150.000 euros e unha serie de melloras como un maior número de actividades en cada un dos puntos da rede de asesoramento e un técnico asesor a maiores dos que se solicitaban, ademais da posta en funcionamento das oficinas en unha semana.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones