Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Carmela Silva entrega os primeiros diplomas ao alumnado de -Practicum Depo 2015-

Neste proxecto participou o centro de formación profesional de Tomiño

Neste proxecto participou o centro de formación profesional de Tomiño

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Junio de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, entregou hoxe os primeiros corenta diplomas que recoñecen as súas prácticas formativas no estranxeiro dos seus ciclos de formación profesional.

Carmela Silva subliñou que esperaba que estes case que seis meses de experiencia profesional en Reino Unido e Italia servira para ademais de aumentar as súas competencias profesionais "incrementar o seu dominio dos idiomas que garántalles unha mellor facilidade para incorporarse ao mundo laboral".

Nesta primeira quenda de mobilidade do proxecto "Practicum Depo 2015", enmarcado no programa europeo Erasmus+, participaron un total de 40 alumnos e alumnas que estiveron entre Reino Unido e Italia entre outubro de 2015 e abril de 2016. En concreto, 25 estudantes estiveron en Belfast e outros quince repartidos nas localidades italianas de Corigliano Calabro, Terranova de Sibari e Cori.

Pertencen as ramas de xestión administrativa, aproveitamento e conservación do medio natural, comercio, caldeiraría e soldadura, sistemas microinformáticos e redes, farmacia e parafarmacia, electromecánica de automóbiles, instalación de telecomunicacións, aceites e viños, preimpresión e artes gráficas, e instalacións frigoríficas e climatización.

Ademais destes primeiros corenta estudantes participarán no proxecto outros 83 alumnos e alumnas, dos cales xa 26 mozos e mozas están dende abril participando na segunda quenda. En outubro comezará a terceira e última quenda que tamén amplía as estadías a Finlandia e Francia.

Neste proxecto participan 18 centros de formación profesional de Vigo, pontevedra, Ponteareas, Vila de Cruces, Silleda, Salvaterra, Cambados, Tomiño, Marín, Sanxenxo e Moaña.

Os participantes no proxecto reciben axudas económicas para o viaxe o seu destino para facer as prácticas, comprendidas entre os 275 e 360 euros, e de aloxamento, manutención e transporte local que van entre os 7.934 aos 9.602 euros dependendo do destino e do período de estancia.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí