Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmela Silva invita a Feijoo -a que por unha vez goberne para tódalas galegas e galegos-

Carmela Silva insiste en que a Deputación -chegará ata onde teña que chegar- nos xulgados para combater -o atraco- que prepara a Xunta coa -Sogama da Auga-

Carmela Silva insiste en que a Deputación -chegará ata onde teña que chegar- nos xulgados para combater -o atraco- que prepara a Xunta coa -Sogama da Auga-

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Julio de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra chegará “ata onde teña que chegar” para defender ao mundo local contra “o atraco” que pretende perpetrar a Xunta de Galicia co anteproxecto da “Lei para a mellora da xestión do ciclo integral da Auga de Galicia” que trata de obrigar aos concellos e deputacións a asumir dous terzos dos custes das grandes infraestruturas hidráulicas en materia de saneamento e abastecemento “en alta”. A presidenta, Carmela Silva, anunciou hoxe batalla xudicial contra “unha tropelía coa que, novamente, a Xunta invita e o municipalismo paga”.

 

A presidenta contextualizou esta nova ofensiva da Xunta para seguir asfixiando aos concellos xusto nun momento no que o Goberno de España vén de aprobar rebaixas históricas na AP9, de condonar aos concellos a débeda derivada dos anticipos do Estado (que de non terse condonado deberían reintegrar en 2022), de devolver o IVE de decembro de 2017 “que nos birlaron Montoro e Rajoy” e, finalmente, de aprobar un 13% no financiamento municipal para o ano 2022. Medidas todas elas a prol do mundo local e que van contribuír á reactivación económica.

 

Carmela Silva fixo un chamamento ao presidente do Goberno  galego, Núñez Feijoo, para que no Consello da Xunta do próximo xoves “goberne, dunha vez, para tódalas galegas e galegos facendo política de verdade”. Así esixiulle que aprobe rebaixas para as autoestradas galegas idénticas as postas en marcha polo Goberno central, “e que non veña coa ridiculez esa das rebaixas só para as familias numerosas, senón para toda a veciñanza”. Ademais, esixiulle que, en liña co incremento no financiamento municipal estatal, a Xunta incremente tamén nun 13% o Fondo de Cooperación Local. Deseguido reclamou que os máis de 60 millóns de euros que a Xunta recada anualmente polo canon da auga se repartan “con criterios obxectivos e non exclusivamente para obras nos concellos do PP”. Para rematar instouno a asinar convenios para financiar actuacións e non só naqueles con Alcaldía “popular”. Neste senso, referiuse aos recentes convenios para o Auditorio de Marín ou as novas sendas peonís de Vilanova de Arousa.  Finalmente, invitou a Núñez Feijoo a repartir as subvencións autonómicas con criterios “moito máis obxectivos” para que cheguen equitativamente a tódolos concellos.

 

Carmela Silva fixo estas declaracións despois de que a Xunta de Goberno da Deputación aprobase un novo paquete de obras do Plan Concellos e da área de Infraestruturas, que supoñen “nin máis nin menos que outros 733.700 euros” para novas redes de saneamento, desta volta en Valga, Mos, Pazos de Borbén, Vilanova de Arousa e Ribadumia. A presidenta subliñou que nos seis anos deste Goberno provincial lévanse investidos 23 millóns de euros en abastecemento e saneamento en tódolos concellos da provincia, cun total de 284 obras financiadas pola Deputación con criterios obxectivos e atendendo a tódolos concellos.

 

Á luz destas cifras, amosouse sorprendida de que o grupo provincial do Partido Popular teña presentado unha moción ao Pleno ordinario da Deputación, celebrado hoxe, para reclamar da Deputación un plan extraordinario para financiar este tipo de obras. “O PP provincial é a voz que encubre o comportamento institucional máis intolerable da Xunta. Permítanme que, coa retranca das galegas e galegos, responda a esta moción ridícula e intolerable dicindo que nunca vin unha oposición tan innecesaria como esta”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí