Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Carmela Silva reclama no día mundial do alzheimer que se garantan os dereitos das persoas enfermas

O Pazo provincial, que estivo iluminado onte pola noite de violeta, acolleu a presentación do libro que recolle os relatos curtos que se presentaron a concurso na asociación AFAGA

O Pazo provincial, que estivo iluminado onte pola noite de violeta, acolleu a presentación do libro que recolle os relatos curtos que se presentaron a concurso na asociación AFAGA

Fecha: 22 de Septiembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, o Deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, mailo Deputado provincial Javier Dios, presentou esta mañá, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Alzheimer, o libro "Nun recuncho da memoria" de relatos curtos sobre o alzheimer elaborado pola Asociación de Familiares de persoas Enfermas de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, AFAGA.

Na presentación do libro, do cal se leron varios fragmentos do limiar e dalgúns dos relatos recollidos, tamén estiveron presentes o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro (encargado de escribir o limiar), un dos autores dos relatos do libro, Urbano Barrios, e o deportista Daniel Fernández, que está a organizar diferentes probas deportivas para recadar fondos para distintas asociacións como AFAGA este ano e que a Presidenta sinalou "é a cara do compromiso social que ten a nosa xuventude". Mañá mesmo, Daniel Fernández percorrerá os centros de AFAGA en bicicleta, de Vigo a Redondela, Mos, O Porriño, Ponteareas, Salceda, Tui, Nigrán e de volta a Vigo ao seu segundo centro na cidade.

Carmela Silva sinalou que "onte pola noite tivemos o edificio iluminado de violeta para que toda Pontevedra soubera que hoxe celebramos o Día Mundial do Alzheimer como unha chamada de atención ao conxunto da cidadanía fronte a unha doenza que cada día afecta a máis persoas". "Queremos que toda a sociedade se comprometa para que poidamos ofrecer todos os instrumentos e recursos que se precisan para atender a todas as persoas que o padecen", asegurou a Presidenta provincial. Trataríase duns 15.000 casos na provincia de Pontevedra e entre 500.000 e 800.000 no conxunto do Estado (xa que un 80% dos casos leves non está diagnosticado).

Por iso, sinalou Carmela Silva, "temos que elevar as nosas voces para reivindicar ás administracións competentes, a Xunta de Galicia e o Goberno do Estado, que poñan en marcha as medidas e recursos que permitan que as nosas reclamacións, que fago miñas pero son das asociacións, se poñan en marcha". Nomeadamente, estas reclamacións son que a enfermidade se declare como unha prioridade de saúde pública, que se recoñeza automaticamente o 33% de discapacidade á persoa diagnosticada de alzheimer ou outra demencia neurodexenerativa ou a posta en marcha dunha Política de Estado de alzheimer, "establecendo en Galicia unha Estratexia Transversal de Atención ás Demencias que involucre a todos os ámbitos da Administración Pública", sinalou a Presidenta provincial, xa que "todos e todas esas pacientes necesitan un equipo de profesionais multidisciplinar que mellore a detección precoz e a atención especializada". Ademais, o recoñecemento público da figura do Coidador Familiar, dotándoo de recursos oportunos durante a etapa de coidado e unha vez o coidado finalizou.

Carmela Silva tamén denunciou que "nos últimos anos se reduciu o apoio económico ás persoas coidadoras para atender ás familiares e, de feito, o Goberno chegou a suprimir as cotizacións á Seguridade Social de 15.000 coidadores de dependentes en Galicia". A Presidenta sinalou que "a maioría dos coidadores e coidadoras son mulleres que están a perder as cotizacións á Seguridade Social, que pagaba por elas o Goberno e que lles servía para completar períodos cotizados e acceder a unha pensión de xubilación". Deste xeito, Carmela Silva asegurou que "esta é unha reclamación máis que xusta que se ten que pór xa en marcha" e, sobre a Lei de Dependencia, declarou que "queremos reclamar que a Xunta poña á disposición destas persoas recursos precisos que permitan que todas as persoas poidan acceder a eles de maneira inmediata, xa que teñen dereito a eles e non hai causa máis xusta".

O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, escolleu para ler un parágrafo do relato "En mans do esquecemento", de Celia Gómez Fernández, e salientou a importancia dos actos públicos para "dar visibilidade á realidade das familias e dos colectivos que traballan coas persoas afectadas por esta doenza". Leal, quen asegurou estar moi sensibilizado coa enfermidade por ter casos na súa propia familia, trasladou os seus parabéns a AFAGA pola iniciativa do certame de relatos, asegurando que "as verbas da literatura na nosa lingua sempre son unha fórmula excelente para achegar esta doenza á sociedade en xeral".

O presidente de AFAGA asegurou que "hoxe é un día de sensibilización social e, que desde a Deputación de Pontevedra se nos apoie, é unha proba de compromiso que temos que agradecer". En canto a "Nun recuncho da memoria", Rodríguez sinalou que "non nos esperabamos toda a repercusión acadada, con relatos chegados de Europa e América do Sur". "Este é un libro pequeno pero grande en significado", declarou, á vez que pediu que "centremos a visión nas persoas que sofren o alzheimer, reclamando que unha vez diagnosticada estas persoas seguen sendo elas, cunha historia de vida e necesidades recoñecidas, persoas con capacidade de decisión cuxa dignidade temos que respectar ata o último momento".

A enfermidade de alzheimer, que é irreversible e progresiva, destrúe a memoria, as aptitudes do pensamento, a forma de pensar e o xeito de comportarse. En Galicia, o Alzheimer supón arredor do 70% dos casos de demencia e existe unha maior incidencia que no conxunto do Estado debido ao envellecemento da poboación. As mulleres son máis propensas a padecer esta enfermidade, cuxos custos medios por paciente sitúanse entre os 27.000 e os 37.000 € anuais. As familias que coidan ás persoas doentes (o 80% dos casos) teñen que asumir o 87% destes gastos totais. O 12% das persoas coidadoras deixan os seus traballos para dedicarse ao 100% á súa atención e o 30% teñen que modificar a súa organización laboral, diminuíndo as horas de traballo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones